A Orquesta Clásica de Vigo nace en 1984 é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que apostou dende os seus comezos pola formación e a innovación nos formatos da música clásica. Con máis de 39 anos de historia, é a formación orquestral máis antiga de Galicia e polos seus atrís pasaron máis de 250 músicos, moitos deles son, a día de hoxe, artistas de primeiro nivel en orquestras nacionais e internacionais. O noso director artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava, está á fronte da formación dende os seus comezos, destacando o interese continuado pola promoción e posta en valor do talento emerxente local.

Os músicos que compoñen a orquestra teñen unha idade comprendida entre os 25 e os 35 anos. Son maioritariamente estudantes e profesores de Vigo e a súa contorna, e a orquestra convértese nunha plataforma para o seu crecemento artístico e profesional. Ademáis traballou con renombrados solistas invitados, como os violinistas Gerard Clarét, Ricardo Martínez, Joaquín Torre, Mario Peris e Jorge Risi, Pierre Dumail, flauta, Xusto Sanz, clarinete, Mª. Rosa Calvo-Manzano, arpa, ou os pianistas Severino Ortíz e Jordi Masó, entre outros, aos que se lle suman solistas locais nos últimos anos como Raquel Carrera Álvarez, Jorge Abreu Seoane, Álvaro Jurado, Gabriel Tato, Javier Abalde ou Óscar Davila.  

Nas últimas tempadas, a Orquesta Clásica de Vigo tivo a oportunidade de traballar en distintos proxectos que van máis aló da práctica música clásica coa fin de chegar a máis públicos e explorar as posibilidades do formato. Foi así con agrupacións como Tangata, con Clara Ferrao nunha proposta de danza, traballar co colectivo audiovisual Cinema Sticado e realizar unha proposta poética con Silvia Penas e estreou unha obra de encargo ao compositor vigués Juan Eiras. Por outra banda abrimos unha serie de intercambios internacionais entre os que destacamos os realizados col director Alessandro Arnoldo,  ou a violinista suiza Maristella Patuzzi. Interpretamos música sinfónica, música de cine, propostas renacentistas ou contemporáneas, nunha aposta premeditada do eclecticismo como fonte de aprendizaxe.

Todo esto enmárcase no interese da Orquesta Clásica de Vigo en apostar polo futuro, tanto da música clásica como o dos músicos locais.  Por este motivo dende hai anos traballamos na búsqueda e fortalecemento de novos públicos, mediante a posta en práctica de conceptos de xestión actuais que busquen achegar a música a distintos públicos.

Temos unha orquestra que busca facer partícipe deste feito sonoro á totalidade dos seus compoñentes, así como a distintos colectivos locais para tecer un lugar común no que identificarse e construír cidadanía.  Traballos a medio e largo prazo que buscan xerar unha experiencia formativa en todos os aspectos. A Orquesta Clásica de Vigo é una formación de música clásica que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos.

A Clásica é un proxecto aberto en constante proceso de cambio no que busca adaptarse ás necesidades formativas dos seus membros así como propoñer novos escenarios de traballo e retos para o público.

Nos seus máis de 39 anos de historia as obras interpretadas cóntanse por centos, e nos últimos anos realizou propostas de danza, cine en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se plantexa como un espazo aberto de debate co que realizar novas propostas e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.