A Clásica

Novas

Abonos 2018

Abono 2018

Para este ano 2018 dende a Orquesta Clásica de Vigo poñemos á vosa disposición un abono para asistir a todos os concertos. Este abono consiste nunha tarxeta canxeable por unha entrada numerada en calquera das localidades para cada unha das datas programadas.

Este abono ten un prezo xeral de 75€ e unha opción reducida para menores de 30 anos (inclusive) cun custo de 35€.

Para solicitalo é preciso encher este formulario e abonar o importe.

Con este abono queremos que veñades a todos os concertos e que vos convirtades nunha peza fundamental para a Orquesta Clásica de Vigo.

Para calquera dúbida contacta con abonados@orquestaclasica.com

Condicións:

1. Os abonados da Orquesta Clásica de Vigo teñen dereito ao acceso de todos os concertos.
2. A Orquesta Clásica de Vigo proporcionará un Abono para canxear polas entradas de cada un dos sete concertos de pagamento do ano 2018.
3. Entregarase un título por compra, identificando ao posuidor como abonado da Orquesta Clásica de Vigo ata o 31/12/2018
4. Este título é persoal pero pode ser transferido para retirar as entradas de cada un dos concertos aos que, como membro, ten acceso.
5. Este abono non será reposto en caso de pérdida, roubo etc.
6. Este cartón poderá ser remplazado por outro en caso de rotura contactando cos responsables da Orquesta Clásica de Vigo e aportando sempre o orixinal para a súa destrucción.
7. É imprescindible o pagamento da cuota seleccionada na conta: IBAN: ES87 2080 5000 6130 4023 9616 (ABANCA)
8. Presentando este abono na taquilla do teatro correspondente ao concerto ou con antelación na sede de Afundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26 en horario de luns a venres de 9:00-20:00) o posiudor terá dereito a obter unha única entrada para cada un dos sete concertos de pagamento que se celebrarán no ano 2018, na butaca que o usuario considere.
8. O abono non garantiza o acceso aos concertos: É preciso canxealo nos puntos que habilita Ataquilla por unha entrada numerada coa antelación que o usuario considere.
9. A Orquesta Clásica de Vigo non será responsable en ningún caso no suposto de que as entradas estean esgotadas chegado o momento no que o usuario intente canxear o seu cartón. O posuidor do cartón é responsable en todo momento de xestionar as súas localidades.
10. En caso de presentar un cartón manipulado ou alterado, este será retirado polos membros de Ataquilla.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies