Abono 2020
Está a piques de rematar o 2019, ano no que celebramos o noso 35 aniversario, e, como sabedes, xa estamos listos para entrar no 2020 e seguir ofrecendo música sinfónica na cidade e, un ano máis, sería unha honra que nos acompañásedes nos concertos que ofreceremos en Vigo. Damos comezo á tereira campaña de abonados da Orquesta Clásica de Vigo.
Este ano dividimos a tempada anual en dous semestres para facela máis accesible. A tempada 20.1 incluirá os concertos de marzo, abril e maio e a tempada 20.2 os de outubro, novembro e decembro.
Mercando o abono terás dereito a acceder a 3 concertos da Orquesta Clásica de Vigo durante o ano 2020, independentemente de se son da tempada 20.1 ou 20.2.
Podes mercar media tempada agora e agardar a coñecer a programación da segunte metade ou, se o prefires, podes mercar agora os abonos para os seis concertos de 2020 e aforrar 10€.
5 Vantaxes de ser abonado:
1. Terás dereito a asistir a tres concertos da Orquesta Clásica de Vigo.
2. Poderás retirar as entradas antes que o resto.
3. Poderás escoller a localidade que consideres.
4. Se non asistes algún dos tres concertos tempada 20.1 podes usar o abono para a tempada 20.2.
5. Estás axudando a que o proxecto da Orquesta Clásica de Vigo sexa posible.
Para adquirir este abono é preciso encher o seguinte formulario indicando os vosos datos e ingresar o importe seleccionado. Este formulario cumple coa RGPD e a información proporcionada incorporaranse ao rexistro propio da Orquesta Clásica de Vigo, nunca se revelará a terceiros.
Queremos agradecervos de antemán a vosa axuda para que a Orquesta Clásica de Vigo siga facendo música na nosa cidade.
TEMPADA 2020 | Orquesta Clásica de Vigo
Presentamos as datas e os espazos onde realizaremos os concertos deste ano pero, de momento, non desvelaremos todavía o cartaz que ofreceremos en cada un deles. Como vedes, este ano partimos a tempada en dous, pero se queredes podedes mercar dúas tarxetas de abono e aforraredes 10€.
Tempada 20.1 Orquesta Clásica de Vigo
14 de marzo de 2020 ás 20:30 no Teatro Afundación, Vigo
16 de abril ás 20:30 no Teatro Afundación, Vigo
16 de maio ás 20:30 no Teatro Afundación, Vigo
Tempada 20.2 Orquesta Clásica de Vigo
17 de outubro ás 20:30 no Teatro Afundación, Vigo
14 de novembro ás 20:00 no MARCO, Vigo
29 de decembro ás 20:30 no Teatro Afundación, Vigo
Prezos 2020: Abono para asistr a tres concertos:
Prezo xeral: 35 € ata 12 de xaneiro. Despóis 40€
Menores de 30 anos: 20€
Merca xa o teu abono aquí, completando este formulario e abonando o importe preciso. Para calquera dúbida podedes contactarnos en abonados@orquestaclasica.com
Tamén podes mercar o teu abono en Libería Verus e Discos LP.