Programa de man. 23 outubro

Como se se tratase dunha historia maldita, o ciclo co que despediremos o ano 2021 preséntase como un desexo. Como un chamamento á normalidade para voltar a reunirnos co público e facer música de verdade. O acontecido nestes meses é de sobra coñecido, dando paso a unha sucesión de incertidumes e silencios que nos levaron a reinventar os proxectos para poder sobrevivir e seguir compartinto a nosa arte cos públicos. Con todo, aquí seguimos, con eses “malditos concertos”.

Na última metade do ano levaremos á escena aqueles proxectos que “non puideron ser”; eses concertos programados durante o ano 2020. Citas musicais nas que Berta Fresco interpretaría un 14 de marzo o Concerto para piano e orquestra en la menor, Op. 16 de Edward Grieg e Severino Ortiz o Concerto para piano e orquestra n. 4 en Sol maior, Op. 58, de Ludwig Van Beethoven no nadal de 2020.

Este ciclo busca poñer en valor o traballo das persoas que traballan coa música que, nun plano secundario, sufriron cancelacións, cambios de normativas e a imposibilidade de facernos chegar a súa arte. Esta é unha homenaxe a estes “malditos artistas” que, pese a todo, seguen loitando por compartir con nós a súa música.

 

Maldita Percusión

26.09.2021 | 20.00h | Auditorio Municipal do Concello de Vigo

 

Maldito Beethoven

23.10.2021 | 20.30h | Teatro Afundación

 

Maldito Concerto de Nadal

28.12.2021 | 20.30h | Teatro Afundación

 

Entradas en www.ataquilla.com

Descarga aquí o folleto da tempada