A Clásica

Novas

Festival de órgano 8pés

Descarga aquí o folleto coa programación completa

Hoxe mércores 17 de novembro presentamos na Concatedral de Santa María de Vigo o Festival de órgano “8pés”, unha aproximación ao instrumento desde a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario. Así, o festival xorde como unha oportunidade para abrir o órgano á cidade, nunha programación diversa pensada para descubrir, gozar coa súa música e poñer en valor o noso patrimonio restaurado. O festival “8 pés” está financiado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas e conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e a Naviera Mar de Ons.

Reserva aquí as túas entradas

O festival desenvolverase na Concatedral de Vigo, na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Todas as actividades serán de balde previa
retirada de convite na plataforma Enterticket a través desta ligazón e haberá un límite de 2 convites por operación co obxectivo de dar a posibilidade a un maior
número de persoas de conseguir a súa entrada, debido ás limitacións de capacidade dos espazos dos eventos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies