A Clásica

Novas

concierto ravel y vaughan williams

Celebramos o noso 35 aniversario con seis concertos singulares

Inauguramos a temporada o 7 de marzo conmemorando o noso nacemento con obras de Ravel e Vaughan Williams: adquire a túa entrada aquí ou faite co abono de concertos

Dende a Orquesta Clásica de Vigo conmemoramos este ano o noso 35 aniversario con seis concertos singulares, que pretenden ofrecer unha visión ecléctica e contemporánea da música sinfónica.

programa concertos orquesta clásica de vigo 2019

A nosa proposta para esta temporada comezará o vindeiro 7 de marzo cun concerto en torno a dous grandes compositores coetáneos, Maurice Ravel e Vaughan Williams. Esta cita, que terá lugar no Teatro Afundación ás 20.30 horas, estará dedicada a un dos compoñentes da Orquesta Clásica de Vigo, compañeiro e amigo, que faleceu recentemente.

A seguinte sesión celebrarase o 6 de abril no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, cunha viaxe musical ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn. En maio, a formación presentará a obra de dous compositores coevos, Francis Poulenc e George Gershwin, no Teatro Afundación. Beethoven e Mendelssohn serán os protagonistas do concerto do 12 de outubro no Teatro Afundación, onde se interpretarán as conexións entre a música sinfónica de ambos autores.

Na programación tamén haberá espazo para un proxecto que conxugará electrónica, audiovisual e música clásica denominado Práctica Electroclásica, que se poderá ver no MARCO o 16 de novembro. A temporada pecharase o 28 de decembro no Teatro Afundación co tradicional Concerto Extraordinario de Nadal, no que se combinará música de Sibelius coa banda sonora de Harry Potter, composta por John Williams.

Todos as propostas do ano no que se cumpre o 35 aniversario da Orquesta Clásica de Vigo están fiados entre si, agrupados por contrastes e artistas complementarios, nunha programación que busca conectar obras de distintas épocas e estilos para xerar lecturas únicas no público grazas á confrontación das diversas creacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies