Ante a situación de excepcionalidade derivada da crise sanitaria do COVID-19 e ante a decisión do goberno de ampliar a cuarentena, polo menos, ata o día 11 de abril, vémonos obrigados a cancelar o concerto do 16 de abril.
Atopámonos nunha situación inédita e dende a Orquesta Clásica de Vigo non nos podemos permitir realizar unha actividade musical se existe risco de contaxio para o público ou os nosos músicos, por moi dolorosa que sexa esta decisión. Estamos chamados a quedarnos en casa, é a decisión máis responsable para que, pasada esta crise todos podamos voltar a gozar da música xuntos.
Por este motivo tómase a decisión de cancelar o concerto do sábado 16 de abril e de aplicar a seguinte política de devolucións:
Entradas individuais:
Cancélase a venta do evento do 16 de abril e o importe das entradas individuais será devolto por parte de Ataquilla. Neste enlace teredes a imformación na súa páxina web.
En caso de existir algunha incidencia ou dúbida agradecemos que sexan trasladadas as consultas para axudar na medida do posible á súa resulución.
Abonos:
No caso dos abonos queremos deixar claro que son a nosa maior preocupación, pois sabemos que adiantaron unha confiaza cega nunha tempada e queremos ofrecer a mellor solución para esta situación excepcional.
Dado que os dous primeiros concertos da tempada foron cancelados e non podemos predecir con certeza como vai a evolucionar esta situación, tomamos a decisión de pasar automáticamente a validez do abono ao seguinte semestre.
> Aqueles que adquirisen un abono de media tempada para tres concertos poderán empregalo na seguinte metade, é dicir, nos meses a outubro, novembro e decembro. No caso de xa ter canxeadas as entradas para os concertos da presente tempada, proporcionaríamos un novo abono.
> No caso de aqueles que adquirisen o abono anual, este pasaría a servir, a maiores, para a primeira metade da tempada de 2021.
No caso de disconformidade, ou calquera dúbida, podedes contactar con nós nos seguintes correos:
abonados@orquestaclasica.com ou en xerencia@orquestaclasica.com
Neste momento solo podemos agradecer a paciencia e esperamos que comprendades os motivos de responsabilidade que levaron a tomar esta decisión tan incómoda. Estamos ante unha situación impensable para calquera de nós e esperamos estar á altura das circunstancias. Neste sentido seremos flexibles e entenderemos calquera situación persoal e buscaremos darlle solución na maior brevidade posible.
Sentimos as molestias por esta medida excepcional e esperamos que todo pase na maior brevidade posible. Coidádevos moito.
A Orquesta Clásica de Vigo.