A Clásica

Novas

CreaClásica 2019

CreaClásica 2019 | Orquesta Clásica de Vigo

NORMAS CREA CLASICA 2019

CreaClásica nace como un panel de lectura organizado pola Orquesa Clásica de Vigo en colaboración coa Fundación SGAE Galicia destinado a incentivar a creación dentro do campo da música sinfónica.

A Orquesta Clásica de Vigo busca  apoiar o traballo creativo de novos talentos na composición, así como a favorecer á súa difusión mediante a incorporación das obras gañadoras á programación anual da orquestra en Vigo.

Cada candidato poderá concorrer a este panel cunha única obra que, nesta edición, poderá ter sido presentada previamente, polo que neste caso a condición de inéditas non será excluínte. No momento da solicitude, os participantes estarán en posesión da titulación superior de composición e estar censados en Galicia. Non existe limitación de idade, pero non poderán ter transcorrido máis de 5 anos dende a data de obtención da titulación.

O orgánico será o mesmo en todos os casos e a duración das obras estará comprendida entre os 5 e os 15 minutos. 

As solicitudes faranse cubrindo o seguinte formulario  e enviando os materiais a través de Wetransfer á conta crea@orquestaclasica.com. 

 

Premios:

 

Primeiro premio: 500€

Segundo premio: 300€ 

Terceiro premio: 200€

 

Ademáis, a Orquesta Clásica de Vigo interpretará e gravará nos concertos as distintas obras seleccionadas, que estarán integradas na programación de 2020.

NORMAS CREA CLASICA 2019

REQUISITOS 

Os autores participantes deberán cumplir os seguintes requisitos:

 

Deberá ser socio/a da SGAE e estar censados en Galicia.

Ter obtido a titulación superior en composición entre os anos 2015 e 2019, ambos inclusive.

Presentar unha única obra cuxa duración máxima e mínima estará comprendida entre os 5 e 15 minutos. Esta obra poderá ter sido sido estreada con anterioridade.

As obras propostas deberán responder ao seguinte orgánico: 2 2 2 2 — 3 3 2 1 — tmp — str

O prazo para presentar as candidaturas e os materiales estará aberto dende o día 12 de setembro de 2019 ás 14:00 ata o día 29 de outubro ás 14:00. 

O veredicto do xurado notificarase aos gañadores a non máis tardar do mércores 11 de decembro e a decisión será inapelable.

As solicitudes  serán individuáis. 

 

Procedemento:

 

Para participar será necesario cubrir o seguinte formulario de Google

A obra e materiais enviaránse mediante Wetransfer a crea@orquestaclasica.com. 

As partituras, gravacións e demais material musical enviado non mostrarán nomes, alias, sinaturas ou calquera elemento que identifique ao/á compositor/a participante coa fin de garantir o anonimato ante o xurado.

Os participantes comprométense a facilitar a partitura do director, todas as partes necesarias para a interpretación así como unha gravación ou midi complementario.

NORMAS CREA CLASICA 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies