A Clásica

Orquestra de Corda

A Orquesta Clásica de Vigo levará a súa orquestra de corda cunha programación baseada no romanticismo cunha selección de pezas que nos levarán da obra de Felix Mendelssohn, da que se interpretará sinfonía para dez cordas ao postromanticismo  inglés de E. Elgar pasando polo italiano Giovanni Botessini.

Daremos comezo ao concerto coa serenata de E. Elgar, un dos principais compositores ingleses do S. XIX. A súa obra enténdese coma unha ponte entre o romanticismo e os estilos nacionais, buscando plasmar nas súas pezas as características propias da súa terra e tradición sonora.

Tras esta obra interpretarase a Elexia de G. Bottessini, un compositor que realiza esta obra para o contrabaixo, instrumento que en contadas ocasións é posible velo como solista. Esta obra mostra unha rareza e interesante complexidade compensada por un brillante sentido do gusto e da beleza.

Remataremos coa sinfonía para dez cordas de F. Mendelssohn, unha das figuras máis destacadas do romanticismo pleno cunha obra pensada para orquestra de corda na que se combina a grandeza característica do estilo coa simplicidade e lixeireza do formato para sección de cordas.

Trátase dun concerto aberto a toda a cidadanía co que gozar da música clásica en contextos inéditos.

Programa:

Serenata de E. Elgar
Elexía de G. Bottesini. Solista: Gustavo Barcia (Contrabaixo)
Sinfonía para dez cordas de F. Mendelssohn

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Solista: Gustavo Barcia (Contrabaixo)

Entrada: de balde previa inscrición no Concello de A Guarda
Reservas: 986 61 00 00
Organiza: Concello de A Guarda

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies