A Viaxe de Valentín é un conto musical ameno e divertido destinado a nenos e nenas de entre 5 a 10 anos. Faranse dous pases no mesmo día, un ás 12:00 e outro ás 18:00.
Da man do pequeno Valentín descubriremos pezas dos compositores máis recoñecidos e tamén de compositoras e/ou mulleres intérpretes que a historia da música non nomea, así como diversos estilos de música de todo o mundo, desde polcas, valses, samba, latin-jazz até pezas populares tanto estranxeiras como galegas.
Deste xeito, o espectáculo pretende desenvolver diferentes contidos curriculares a través da música e ser unha canle pedagóxica na que as rapazas e rapaces aprendan o respecto pola música, lingua e outras culturas. Tamén pretende ofrecer una perspectiva diferente da historia da música, e, por elo, faremos fincapé en ofrecer una visión non moi habitual na pedagoxía musical: as mulleres na música. Así, as rapazas e rapaces, poderán descubrir melodías e interpretacións que habitualmente a historia invisibiliza.
Esta viaxe, tamén nos permitirá coñecer un pouco os monumentos máis emblemáticos de cada país, cidades máis importantes e incluso algo do seu idioma. Facendo do conto unha experiencia global onde se mesturan temas transversais de música, xeografía, xénero, idioma e tolerancia cara a outras culturas.
Intérpretes:
José Pons Bolis
Jessica sánchez
Marta Pérez