A Clásica

Ágora Poética | Instalación sonora

“Ágora Poética” é unha instalación sonora coa que a Orquesta Clásica de Vigo retoma a súa programación cultural en setembro. Unha aposta pola arte sonora e a poesía realizada polo artista asturiano Miguel Fernández. Preséntase como un espazo composto por 14 pórticos sonoros, cada un dos cales alberga a voz dun poeta. Todos eles reproducen o son mediante a vibración das estruturas cando o oínte entra para escoitar a obra destos 14 poetas galegos, portugueses e asturianos, xerando así a Ágora poética.

“Ágora poética” é unha instalación sonora xurdida doutra anterior, “Cápsulas poéticas”, estreada en Xixón durante os VII Encontros de Música Electroacústica celebrados no mes de marzo de 2017. O elemento principal de “Cápsulas poéticas” era unha estrutura de cartón en forma de cilindro capaz de aloxar no seu interior a unha persoa. Este dispoñía dun mecanismo detector de presenza para activarse e facer que vibrase a propia cápsula para escoitar a voz dun poeta recitando no seu interior. Combinaba unha alta tecnoloxía electrónica con materiais de refugallo (cartón reciclado) e consistía nunha serie de catro cápsulas dispostas na mesma sala que aloxaban no seu interior a un poeta cada unha delas. Esa foi a primeira e ultíma vez que as catro cápsulas compartirían un espazo único, a partir dese momento viaxan por separado ata completar o seu ciclo de vida útil, momento no que a instalación chegará ao seu fin.

“Ágora poética” retoma a idea de construír elementos en cartón que poidan aloxar no seu interior a unha persoa para recibir a mensaxe sonora dun poeta a través da vibración da propia estrutura. A variación neste caso é que as estruturas, agora chamadas “pórticos”, que son en forma de prisma cuadrangular, tamén irradian o son cara ao exterior do elemento para crear na propia sala unha sonoridade e unha serie de ritmos aleatorios producidos polo recitado dos diversos poemas, mesturándose o son resultante de forma aleatoria no espazo expositivo a modo de Ágora cacofónica.

Trátase dunha proposte itinerante que toma como punto de partida a cidade de Vigo e a sala onde será exposta por primeira vez a obra o 15 de setembro de 2017, é a do Instituto Camões. O número de “pórticos” variaría en función dos lugares por onde fose sendo exposta a obra en itinerancia e constará nun principio de 14 pórticos con poetas asturianos, galegos e portugueses.

Programa Ágora poética2

Miguel Fernández nace en Xixón en 1952. Cursa estudos de electrónica na súa ciudade natal e musicais no Conservatorio Profesional de Música de Oviedo. En 1971 comenza a compoñer música electroacústica, empregando para iso un laboratorio de son deseñado e construido por el mesmo. En 1978 funda -xunto a varios artistas plásticos- o grupo de arte vangardista “Gruva“ para achegar o mundo musical á arte plástica; dende entó ven realizando concertos de música electroacústica con obras de composición propia en España, Francia, Suecia, Alemania, Portugal e Estados Unidos. De 1976 a 1989 formou parte -como profesor de contrabaixo- da Orquesta Sinfónica de Asturias, coa que obtivo a Medalla de Oro ao Mérito en las Bellas Artes. Formou parte do grupo impulsor e fundador da Universidad Popular Municipal de Xixón. De 1989 a 2016 foi profesor de Acústica Musical no CONSMUPA (Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias) e responsable do laboratorio de Acústica de dito centro o que realizou traballos de investigación sobre o funcionamento dos instrumentos musicais presentados en diversos congresos nacionais e internacionais. É membro do Instituto MAP (Música, Arte y Proceso) de Vitoria-Gasteiz, dende o que colabora en traballos de investigación sobre os efectos da arte no ser humano. Pertenceu ao claustro de profesores que imparten a formación do Máster en Musicoterapia en dito centro. No ano 2000 adhírese ao colectivo de “Espacio Cerámica” formado por artistas plásticos e educadores chegados da “Escuela Operativa Italiana” coa fin de integrar Arte Sonoro e Arte Visual no traballo artístico dun mismo creador. É autor do libro “Acústica para todos ¡incluidos los músicos!” da editorial Agruparte (Vitoria-Gasteiz) e coautor nos libros: “La música como proceso humano” da mesma editorial e “Music vibration” da editorial Jeffrey Books (EUA).

A acción comenzará coa interpretación da obra “Enerxías Renovables” do compositor vigués Juan Eiras, que será interpretada por Gonzalo Lemos (fagot), Javier Abalde (clarinete) y Marta Comesaña(frauta).

Colabora: Instituto Camões

logocamoesip

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR