Ás dúas beiras: Poulenc+Gershwin | Teatro Afundación | 4 de maio
En maio regresamos ao século XX cun programa no que presentaremos a obra de dous compositores coetáneos que vivían e realizaban o seu traballo de modo paralelo a ambas beiras do Atlántico. Estamos a falar de Francis Poulenc, destacado membro do grupo parisiense de Os Seis, e George Gershwin, que vivía nesa Nova York en crecemento que axiña sería o centro do mundo.
Un programa que mostra dúas vidas independentes que transcorren dun xeito paralelo, cun resultado sonoro que combina en ambos casos a innovación coa pesquisa das melodías e sons máis fermosos.
Programa:
Concerto para dous pianos en re menor, Francis Poulenc
Cuban Overture, George Gershwin (Abertura cubana)
Porgy and Bess (Suite), George Gershwin (Porgy e Bess)
Solistas: Severino Ortiz Rey e María del Mar Blanco Moreno
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Entradas en www.ataquilla.com