Con la Orquesta en los talones I
O 21 de Outubro de 2015 é un día a recordar para todos os entusiastas desta triloxía. Este é o ano no que Doc, Marty McFly e Jennifer Parker regresan ao futuro. Unha saga que marcou unha época xunto coa súa máquina do tempo icónica polo que creemos que merece abrir este ciclo por dereito propio.
Nesta ocasión equipararemos a obra de Alan Silvestri, compositor da banda sonora de Back to the future á música de Aaron Copland coas súas dúas vertentes máis destacadas, a música baseada na fanfarria de metais con todo o compoñente épico que iso conleva e a música inspirada nos motivos do oeste americano.
Buscamos entrelazar as obras dos dous compositores, contrastándoas para xerar unha forma nova de achegarse á súa música.