En italiano o termo bentornati emprégase para ofrecer unha benvida cálida e esperada, pois así e como nos sentimos.Levávamos moito tempo sen poder pisar os escenarios e desexábamos voltar a atoparnos cos públicos, o principal motor da nosa existencia. Facemos arte no encontro co público, sen vós non somos nada.
O concerto de setembro estará protagonizado pola sección de madeiras da Orquesta Clásica de Vigo, unha corda que non tivo espazo na programación de verán, deseñada íntegramente para ser executada ao aire libre, debido ás condicións dos seus instrumentos. Por este motivo queremos voltar ofrecendo un concerto de orquestra para esta sección.
Programa
La clemenza di Tito KV 621, de Wolfgang Amadeus Mozart
-Transcripción para “Harmoniemusik” por Hans Christian Stumpf (1737-1801)-
- Ouverture
- Duetto “Lass mich die Hand dir drücken”
- Marcia
- Coro “Bewahret Grossae Göttler”
- Aria “Der höschse Thron der Erte”
Petite symphonie, de Charles Gounod
- Adagio et Allegretto
- Andante cantábile
- Scherzo – Allegro moderatto
- Finale – Allegretto
Wedding day at Troldhaugen, de Edward Grieg
Abertura en estilo italiano Op. 170, D. 591, de Franz Peter Schubert
Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Data: Domingo 27 de setembro ás 18:00h e ás 20:00h
Prezos: Xeral:10€ / <30 anos: 5€
Entradas á venda na taquilla do Auditorio