A Clásica

Star Wars+R. Wagner&H. Berlioz

SW.AC

 

 

 

 

 

Con la Orquesta en los talones II

O 18 de decembro será o estreo sétima película de Star Wars. Unha saga atemporal que cambiou o cine de ciencia ficción. A música de John Williams composta para estas películas non necesita explicación e é dabondo coñecida por todos. Por iso, pola súa grandeza, decidimos despedir o 2015 con esta banda sonora.

Nesta ocasión imos abordar estas obras desde unha óptica distinta, comparando o mito da forza e o seu lado escuro, como idea de poder sobre o que se constrúe Star Wars co mito de Fausto, de Goethe, quen, do mesmo xeito que Anakin, vende a súa alma para alcanzar o coñecemento supremo sen esforzo. O tema deste concerto virará en torno a estas dúas figuras.

Por iso traballaremos coa obra de Richard Wagner, outro compositor atemporal, quen a maiores de contar cunha obra desta temática conta cunha sonoridade equiparable á que se presenta na banda sonora da película compartirá programa coa obra do mismo tema composta por Hector Berlioz. Dous compositores románticos cuxo estilo sinfónico serve para sentar as bases da la composición para o cine.

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies