A Clásica

Cuarteto de corda da Orquesta Clásica de Vigo

Cuarteto de corda da Orquesta Clásica de Vigo

Unha orquestra sinfónica ten moitas caras. É un feito sonoro que aglutina estilos, instrumentistas, estéticas e, sobre todo, múltiples vivencias que conviven baixo a mesma batuta.

O punto de partida para esta programación lévanos ao clasicismo, época na que xurde o interese por este estilo musical e se consolida a forma. Con este motivo escolléronse dous cuartetos compostos por W. A. Mozart e J. Hydn, escritos en 1773 e 1772, respectivamente. Estas dúas obras, pese a ser coetáneas, responden a momentos moi distintos na vida dos compositores. A primeira, composta por Mozart e pertencente aos cuartetos vieneses, representa a un estilo clásico que mira con reminiscencias a un Barroco tardía, de feito o último movemento será unha fuga. Por outra banda, o cuarteto de Haydn responde a un estilo moito máis maduro, servindo como exemplo do Sturm und drang, movemento que máis tarde serviría de inspiración formal para o desenvolvemento do romanticismo. Remata o programa coa Passacaglia de Haendel, unha obra Barroca revisada no Romanticismo lectura del presente que serve para pechar esta lectura do cuarteto a través do tempo.

A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá unha proposta de cámara para cuarteto de corda na Fábrica de Salga do Grove, pensada para un espazo especial no que escoitar unha selección de obras do clasicismo, pezas baseadas na delicadeza e o diálogo entre os distintos instrumentistas.

Programa:

Cuarteto Op.20 N.3 de J, Haydn
Cuarteto N.8 de W. A. Mozart
Passacaglia de F. Haendel

Violin I: Cristina Torres Martínez
Violin II: Iria Pérez Gregorio
Viola: María Rodríguez Domínguez
Violoncello: Pedro Fernández Martínez

Organiza: Deputación de Pontevedra

Ciclo: Música no ar

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies