Un ano máis, a Orquesta Clásica de Vigo volta ao Casco Vello de Vigo para celebrar do Día Europeo da Música 2019, nunha cita coa música sinfónica.
O 21 de xuño celebramos o Día Europeo da Música, unha data moi especial para compartir a nosa paixón pola música nun formato en aberto á cidadanía.
Este ano cambiamos de ubicación e baixamos á praza que se forma no Casco Vello na intersección da Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade. Con este cambio queremos explorar novos espazos para a música no Casco Vello.
Día Europeo da Música 2019
Cando: 21 de xuño ás 20:30
Onde: Rúa Real coa Travesía da esperanza, á altura do número 24 e do Rexistro da Propiedade.
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo