Mozart + Haydn | 17 de outubro
No mes de outubro voltamos a levar ao escenario do Teatro Afundación á orquestra completa, neste caso en formato clásico cun programa que presente a música de Gluck, Haydn e Morzart, tres compositores fundamentais do clasicismo.
A obra central do programa será o concerto para violín e orquestra n. 5 K.219, de W.A. Mozart, que será interpretado por Raquel Carrera Álvarez, a concertino da Orquesta Clásica de Vigo.
Programa:
– Orfeo (Abertura), de C.W. Gluck
– Concerto para violín e orquestra n. 5 K.219, de W.A. Mozart
– Sinfonía n. 54, de J. Haydn
Solista: Raquel Carrera Álvarez
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Lugar: Teatro Afundación, Vigo
Data: Sábado 17 de outubro ás 20:30
Entradas dende 5€ en Ataquilla.com