A Clásica

Jazz e Clásica | Orquesta Clásica de Vigo

Jazz e Clásica | Orquesta Clásica de Vigo

A Orquesta Clásica de Vigo presenta en setembro unha proposta de jazz instrumental para violín jazz e orquestra de corda. Unha oportunidade de disfrutar dunha proposta única na que tres violinistas de jazz comparten escenario, temas e formas de acercarse al violín jazz cunha orquestra de corda de formación clásica.

Este concerto contará coa presenza de Apel-les Carod, Ismael Cabaleiro e João Silva, tres violinistas de jazz que se darán cita no mismo escenario xunto coa sección de corda da Orquesta Clásica de Vigo para interpretar temas propios.

Solistas:

Apel-les Carod

Ismael Cabaleiro

João Silva

Prezo: 12€ entradas en www.ataquilla.com

Venres 22 de Setembro | 20:00 | Auditorio Municipal de Vigo

Apel•les Carod Requesens (Cambrils, 1989). Violinista de jazz y compositor.

Iniciouse no violín aos oito anos, na Escuela Municipal de Música de Cambrils. Con quince anos abandoou os estudos de música clásica e comezou a explorar outro instrumento, a guitarra eléctrica, coa que se abriu a outras músicas, como o rock e o pop. Con dezaoito anos retomou os seus estudos académicos de música, pero xa dende o jazz e a música moderna ata graduarse en violín jazz e guitarra moderna na Aula de Música Moderna i Jazz do Conservatori del Liceu (Barcelona) en 2010. Do 2010 ao 2015 cursou os estudos de grao superior na ESMUC (Escola Superior de Música de Catalunya), convertíndose no primeiro graduado na especialidade de violín jazz de todo o estado español. En 2013 estudou na Karol Szymanowski Academy of Music de Katowice, Polonia, gracias a unha beca Erasmus. Entre 2015 e 2016 residiu en Nova Iorque, onde ampliou os seus estudos en The New School for Jazz and Contemporary Music, grazas a unha beca concedida por esta mesma institución. Foi galardonado dúas veces co segundo premio na International Zbigniew Seifert Jazz Violin Competition, nas dúas primeiras edicións deste certame celebrado en Cracovia (Polonia), os anos 2014 e 2016.  Liderou as súas propias formacións como Apel•les Carod Quartet, Apel•les Carod Septet e Apel•les Carod Trio, e tocou e colaborou con grupos e artistas de diferentes estilos como Txarango, Raynald Colom, David Mauricio, Taulant Mehmeti, Lecirke, A Strings Affair, Eclectic Colour Orchestra, Esmuc Jazz Project, Roger Benet ou César López, entre muchos outros.  Interpretou a súa música en festivais e salas referentes de Cataluña como o Jamboree Jazz Club de Barcelona, o Palau de la Música, o Sunset Jazz Club de Girona, ou o Festival Internacional de Dixieland de Tarragona, pero tamén fora do país, como no Summer Jazz Festival at Piwnica Pod Baranami de Cracovia (Polonia) ou no club Silvana de Nova Iorque (EUA).

Ismael Cabaleiro (Vigo 1995).

Comeza os seus estudos musicais con 4 anos na escola Euterpe. No 2012 finaliza o grao profesional de violín no conservatorio profesional Manuel Quiroga. Tras un ano na E-Trad de Vigo, onde estuda violín folk e zanfona, ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo. No 2014 transládase a Barcelona para estudar o grao superior de violin jazz no Conservatori Liceu. Formou parte da orquesta Sondeseu (gravando “Danzas Brancas”). En 2014 grava “On Stage” de David Regueiro Swingtet. Actualmente forma parte de diversos proxectos nos que ademáis de jazz e outros estilos de música colabora con artistas de outras ramas como a poesía ou a pintura. Paralelamente a súa labor como intérprete, realiza cursos de jazz para cordas no CMUS Manuel Quiroga e a academia Ars Nova, entre outras.

João Silva

Nado en Ponte de Lima, Portugal (1991), provén dunha familia de músicos afeccionados e dende moi pequeno está en contacto coa música. Aos 12 anos comeza estudando violín clásico na Escola Profissional de Música de Viana do Castelo, Portugal, donde completa o grado medio en violín clásico. Aos 19 años comeza a estudar violin Jazz no Hot Club de Portugal e dous anos máis tarde na ESMUC, Barcelona. En Barcelona forma parte e lidera grupos como “João Silva & Mariano Camarasa” (Jazz), “Basarab” (Balkan), e “DuCaña” (Música tradicional de Brasil). Todos eles destacados en varios festivais e diferentes países como Portugal, España, Francia, Italia, Ucraina e Suiza.

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR