Neste 2017, o día das Letras Galegas homenaxea a Carlos Casares, escritor vigués, e nós queremos levar a cabo un concerto que inclúa distintas manifestacións artistas, entre elas a lectura de textos da obra do escritor a modo de homenaxe á súa obra e labor literaria.
Este concerto empregas as obras do compositor Juan Eiras e Magdalena Argibay como soporte sonoro para a lectura de Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez dunha selección de contos de Carlos Casares tomados da súa obra “Os escuros soños de Clío”.
Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez porán voz durante o concerto aos contos de Carlos Casares.
Este concerto conta coa participación da Fundación Casares.