Práctica Electroclásica | MARCO | 16 de novembro
En novembro estaremos no MARCO para ofrecer unha proposta actual no campo da música clásica. Neste concerto, a sección de vento da Orquesta Clásica de Vigo traballará con distintas propostas artísticas que integren a música clásica, a electrónica e o audiovisual.
A día de hoxe a electrónica, o audiovisual e as novas tecnoloxías están máis que integradas na música clásica e sinfónica. Con este concerto buscamos ofrecer unha visión aberta e sen prexuízos da música clásica.