A Clásica

Un concerto clásico

Un concerto clásico | Auditorio Municipal do Concello de Vigo | 6 de abril

 

Hai 35 anos, a Orquesta Clásica de Vigo comezou os seus ensaios interpretando a suite da esposa virtuosa,  de Purcell. Unha peza interpretada por un grupo de estudantes do Conservatorio de Vigo baixo a batuta de Manuel Martínez Álvarez-Nava, que sería o xérmolo desta aventura sonora da que hoxe celebramos o seu aniversario.

 

Por este motivo, no mes de abril realizaremos un programa que orbita entre o barroco e o clásico, empregando como nexo común a presenza baixo continuo. Nel viaxaremos ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn cunha proposta orquestral clásica, a mesma que tiña a Orquesta Clásica de Vigo aos seus comezos.

 

Programa:

The Fairy Queen (Suite), de Henry Purcell (A raíña das fadas)

Concerto para óboe en re menor, op. 8 n.º 9, Antonio Vivaldi

Sinfonía n.º 45 en fa sostido menor, Franz Joseph Haydn


Solista: David Garrido Caneiro

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies