A Orquesta Clásica de Vigo é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza propostas de carácter cultural para fomentar a difusión e o disfrute da música sinfónica. Os membros en activo están asociados á orquestra e aceptan en asamblea a programación, os ensaios e os concertos que se realizan cada ano. A programación da actividade musical está a cargo da dirección técnica e artística, supervisada pola Xunta Rectora.
1.- Obxectivos:
A Orquesta Clásica de Vigo ten como obxectivo a difusión musical e a formación activa dos membros mediante a programación anual de concertos sinfónicos, así como outras formas musicais, cursos e contidos xerados en torno á orquestra. Ademais do traballo de orquestral, lévanse a cabo actividades paralelas dirixidas a mellorar a formación dos intérpretes como cursos, clases e charlas.
2.- Réxime de Traballo:
Para garantir o funcionamento da orquestra e o cumplimento dos obxectivos artísticos de cara aos concertos, o traballo estructúrase en ensaios semanáis que se celebran cada fin de semana na Escola Municipal de Música de Vigo, e aumentan a frecuencia cando as datas se aproximan ao concerto marcado. Este período de traballo coincide co curso académico, podendo, en ocasións, excederse para realizar proxectos extraordinarios.
3.- Admisión:
A Orquesta Clásica de Vigo é un espazo musical en constante cambio e está aberta, tanto a propostas como a novos instrumentistas. O proceso de incorporación comeza co envío dunha proposta á xunta directiva, ben sexa a través das distintas vías de contacto oficial -RRSS, correo electrónico ou formulario de contacto da web- ou a través dos distintos músicos que compoñen a orquestra. Esta incorporación deberá contar co voto favorable do director artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava.
4. Compromisos:
As novas incorporacións estarán un ano en período de proba e deberán responder positivamente ás convocatorias, ensaios, concertos e instruccións dos e das responsables das distintas seccións e o director artístico para garantir así o correcto funcionamento e rendimento da Orquestra.
Contacto: comunicacion@orquestaclasica.com