Dentro do ciclo Música no ar da Deputación de Pontevedra, a Orquesta Clásica de Vigo levou ao Castelo de Soutomaior a súa orquestra de corda cunha programación co pe posto entre dous mudos: o barroco e o último romanticismo.
A primeira mirada deste concerto está centrada no barroco italiano, en concreto en Venecia, lugar onde Antonio Vivaldi compuxo máis de 770 obras. A figura deste compositor é clave entender o concerto como forma artística. Nesta ocasión eleximos o concerto para dous cellos e orquestra, unha fermosa peza na que poderemos escoitar a dous solistas propios da Orquesta Clásica de Vigo.
Tras esta mirada, centrarémonos na obra de E. Grieg, E. Elgar e G. Holst, tres compositores que compartiron época, estilo e inquedanzas artísticas.
Estas obras compostas entre 1884 e 1912 e respostan todas elas a un mismo espírito de época marcado por un romanticismo impregnado fortemente polas características propias dos estilos nacionais.
Neste sentido, E. Grieg será a chave para entender este movemento de fragmentación do Romanticismo alemán que perseguía mostrar a diversidade e a riqueza de cada territorio.
A través deste programa ofreceremos unha viaxe sonora que nos transportará dende Noruega ao Reino Unido, nun concerto no que poderemos gozar buscando as similitudes e as diferencias agochadas nestas tres pezas.
Programa:
Elexía para cordas de E. Elgar (1909)
Cello Concerto RV 531 de A. Vivaldi (1716)
Suite Holberg de E. Grieg (1884)
Suite St. Paul de G. Holst (1912)
Solistas: Elena Pintos e Pedro Fernández
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Organiza: Deputación de Pontevedra
Fotos: Olalla Lojo