Un ano máis, a Orquesta Clásica de Vigo voltou a saír a rúa para celebrar o Día Europeo da Música, unha data moi especial no calendario musical pois constitúe unha oportunidade para encher as prazas de música e compartir este arte coa cidadanía dun xeito cercano, aberto e sen barreriras.
A celebración deste 21 de xuño en 2020 supuxo, a maiores, unha oportunidade para rachar co silencio dos meses anteriores, marcados pola crise sanitaria do COVID-19 e aposterior cuarentena.
A Orquesta Clásica de Vigo voltou a facer música, neste caso, nos Xardíns Históricos do Pazo de Castrelos, un conxunto histórico, artístico e natural único na cidade, onde tivemos a oportunidade de compartir coa cidadanía a sinfonía 65 de Haydn e a sinfonía 15 de Mozart nunha xornada festiva na que celebrar e recordar ás vítimas desta crise.
Fotos: Olalla Lojo