O sábado 10 de agosto voltamos a subir ao Monte do Castro para realizar o concerto da “Noite das Perseidas 2019”.
Nesta ocasión o programa interpretado foi o das dúas suites de Peer Gynt, nunha proposta aberta e accesible para todos os públicos que nos acompañaron nesta noite en torno á música sinfónica. Durante a hora que durou o concerto, o público que estaba sentado na ladeira do monte asistiu ao cambio natural de luces do solpor que nos ofrece o marco do Monte do Castro, como balcón á Ría de Vigo, cunha Orquesta Clásica de Vigo iluminada únicamente coas lámpadas dos atrís.
A Noite das Perseidas é un proxecto que cumple neste ano a súa segunda edición e que contou coa colaboración da Concellería de Festas do Concello de Vigo.
Fotos: Olalla Lojo