O xoves 20 de agosto, a sección de percusión da Orquesta Clásica de Vigo ofreceu un concerto na Vila Romana de Toralla (O Vao). Este programa buscaba ofrecer unha visión aberta e actual da música sinfónica na que quedase patente que a Orquesta Clásica de Vigo é un espazo no que conviven moitos puntos de vista, artistas, sensibilidades e sonoridades.
Intérpretes: Andrés Bernárdez, Fernando Bayer, Jesus Álvarez Blanco e Noelia Leite
Organiza: Concello de Vigo
Fotos: Olalla Lojo