A Clásica

Un concerto clásico: Purcell + Vivaldi + Haydn / Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Un concerto clásico Auditorio Municipal do Concello de Vigo | 6 de abril

Hai 35 anos, a Orquesta Clásica de Vigo comezou os seus ensaios interpretando a suite da esposa virtuosa,  de Purcell. Unha peza interpretada por un grupo de estudantes do Conservatorio de Vigo baixo a batuta de Manuel Martínez Álvarez-Nava, que sería o xérmolo desta aventura sonora da que hoxe celebramos o seu aniversario.

Por este motivo, no mes de abril realizamos un programa que orbitou entre o barroco e o clásico, empregando como nexo común a presenza baixo continuo. Nel viaxamos ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn cunha proposta orquestral clásica, a mesma que tiña a Orquesta Clásica de Vigo aos seus comezos.

Programa:

The Fairy Queen (Suite), de Henry Purcell (A raíña das fadas)

Concerto para óboe en re menor, op. 8 n.º 9, Antonio Vivaldi

Sinfonía n.º 45 en fa sostido menor, Franz Joseph Haydn

Solista: David Garrido Caneiro

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Fotos: Olalla Lojo

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies