PRÁCTICA ELECTROCLÁSICA

>Sábado 16 de novembro ás 20:00 no MARCO

 

Xa queda menos para o penúltimo concerto da tempada 2019, que será o 16 de novembro no MARCO.

Neste concerto queremos sorprender ofrecendo unha proposta actual no campo da música clásica na que a sección de vento da Orquesta Clásica de Vigo que realizará un diálogo con propostas de música electroacústica mediante o contraste.

Práctica Electroclásica é un proxecto de investigación sonora no que se traballará empregando como punto de partida a obra de H. Purcell: Funeral Sentences and Music for the Funeral of Queen Mary Z.860, composta por H. Purcell en 1695.

O Barroco é un estilo cargado de investigación, dinamismo e innovación sonora na que os instrumentos non estaban delimitados na partitura (Notación adiastemática), deixando un espazo de liberdade ao intérprete para investigar no timbre. Unha concepción de individualidade e defensa do xenuíno que se perde máis adiante.

Con esta base, os artistas sonoros Miguel Fernández, Honorino García e Jorge Carrillo traballarán en liberdade coa partitura para ofrecer unha interpretación electroacústica das sentencias que compoñen esta obra fundamental do compositor británico do Barroco.

Baixo as premisa estilísticas barrocas de contraste, investigación e liberdade, estes tres artistas empregarán distintas técnicas actuais no campo da música coa fin de xerar as sentencias que serán integradas no concerto, xerando así un diálogo único e sorprendente entre os dous mundos.

A obra de Purcell escollida para este concerto está estruturada nunha contcatenación de fanfarrias e sentencias corais, o que permite xerar un diálogo a base de contraste entre estilos.

A día de hoxe a electrónica, o audiovisual e as novas tecnoloxías están máis que integradas na música clásica e sinfónica. Con este concerto buscamos ofrecer unha visión aberta curiosa, libre e sen prexuízos da música clásica.

 

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Solistas: Miguel Fernández, Honorino García e Jorge Carrillo

Programa: 
Funeral Sentences and Music for the Funeral of Queen Mary Z.860, H. Purcell (1695)

Cando: Sábado 16 de novembro ás 20:00
Onde: MARCO Vigo. R/ Príncipe 54, Vigo
Entradas: 10€ en Ataquilla.com