Tras a actual identidade gráfica da Clásica late a intención primeira de poñer o son en imáxes. As formas xeométricas que constitúen o eixo central do proxecto están baseadas nos experimentos acústicos de Chladni, levados a cabo durante o século XVIII: sobre unha fina lámina metálica esparcíase unha substancia granulada que o son facía vibrar; a propagación mecánica das ondas daba lugar á formación de caprichosos debuxos sobre estas pracas.
As figuras de Chladni constituiron, pois, o punto de partida dun proxecto en cuxo desenvolvemento ten resultado clave unha caprichosa, pero, unha vez descuberta, case incuestionable asociación: durante a vectorización das figuras, a afinidade estética coas cerámicas de Sargadelos impúxosenos como unha realidade categórica. De aquí que, tanto por deleite visual como por proximidade xeográfica e afectiva, decantáramosnos por invertir as figuras de Chladni e aplicarlles unha paleta de color inspirada nas cerámicas tradicionais galegas.
Carmen Itamad Cremades Romero
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Febreiro 2024
Notas de impresión: Un proxecto da OCV + EMAO
16 Xaneiro 2024
SOUTULLO: O centenario dun mestre da zarzuela
16 Xaneiro 2024
Presentamos a tempada 2024.1
6 Xaneiro 2024
PRÓLOGO A SOUTULLO: SENDA PARA UN CENTENARIO
1 Xaneiro 2024
Abónate á tempada 2024.1
30 Novembro 2023