A Clásica

Novas

Medidas de seguridade e prevención extraordinarias: COVID-19

Para os meses de verán a Orquesta Clásica de Vigo quere voltar a compartir música en directo coa cidadanía, polo que é preciso tomar todas as medidas de seguridade precisas para que os eventos sexan seguros e non impliquen risco de contaxio, tanto o público como para os músicos. Por este motivo realizouse un protocolo de traballo a aplicar tanto nos concertos como nos ensaios e resto de actividades como transporte, montaxe, etc. que se realicen na entidade.

Neste verán, a orquestra interpretará o concerto mantendo distanciamento entre os instrumentistas, que portarán máscaras na medida das posibilidades do seu instrumento. Empregarán ademáis mamparas de metacrilato e, na medida das posibilidades técnicas, o concerto será realizado sen cadeiras.

De cara aos asistentes de todos os eventos mantemos as seguintes normas:

Será preciso que os asistentes porten máscaras durante a totalidade da duración do evento. 

O público asistente estará sentado nas cadeiras dispostas pola organización mantendo a distancia de seguridade.

As cadeiras estarán desinfectadas, polo que non será posible o cambio de ubicación unha vez iniciado o evento coa fin de garantir a hixiene e seguridade para todos os asistentes. 

Por último, para a realización dun evento seguro é preciso a colaboración activa e complicidade de todas as partes: Músicos, organización e públicos.

Dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos saír as rúas para rachar o silencio dos últimos meses sen esquecer en ningún momento a prudencia, seguridade e prevención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies