A Clásica

Alba Barreiro

Alba Barreiro, natural de Vigo, iniciouse no arpa celta con Rodrigo Romaní na actual ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional). Formouse en arpa clásica con Céline Landelle e obtivo a súa Titulación Superior en Musikene coas recoñecidas Frédérique Cambreling e Christine Icart.

Foi membro da orquestra folk Sondeseu, coa que gravou tres álbumes e participou en festivales como o Intercéltico de Lorient, o Festival de Ortigueira ou o Celtic Connections de Glasgow. Destaca a súa colaboración con artistas como Carlos Núñez, Anxo Lorenzo e Óscar Ibáñez.

Como “arpista clásica” desenvolveu un amplo labor como colaboradora habitual da Real Filharmonía de Galicia, ademais de manter unha estreita relación con a Orquesta Sinfónica de Galicia pois foi membro da OXSG (Orquesta Xove Sinfónica de Galicia). Colaborou tamén no mundo cinematográfico participando en diversas “bandas sonoras de películas” como “Lo girasoles ciegos”.

Compatibiliza o seu traballo como colaboradora estable na Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Vigo 430 entre outras agrupacións, coa súa actividade docente no Conservatorio Superior de Música da Coruña e na Escola de Música de Torroso e forma parte da organización do Festival Internacional de Arpa de Noia.

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies