A Clásica

Beatriz Riobó

Diplomada en Gaita e piano, Licenciada en Filología Inglesa e Titulada Superior de Canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo baixo titeta da soprano Teresa Novoa. Estudou na Escola Superior de Canto de Madrid e obtivo o seu post graduado no Royal College of Music de Londres.

Dende os seus inicios, prestixiosos profesionais do mundo da música, como a Catedrática de Canto da Escola Superior de Música de Viena, Helena Lazarska, o repertorista Istvan Cerjan e directores como, José de Eusebio e Andrés Zarzo, impúlsana dentro do mundo musical con concertos en Londres, Bruxelas, Paris ou o festival de música de Flandres.

Desde 1998 ata 2005 traballou para o Teatro Real de Madrid combinando a súa actividade no teatro coa divulgación da ópera mediante concertospedagóxicos. Será neste Teatro onde debute papeis como Susana de “As vodas de Fígaro” de Mozart, Fiordiligi do”Cosi fan tutte” de Mozart, Giulietta de “I Capuletti i Montechi” de Bellini ou Morgana de “Merlín” Albeniz. Ademais de breves intervencións dentro de grandes producións como “Madame Butterfly” de Puccini ou “Carmen” de Bizet. Tivo o pracer de compartir escenario con cantantes como Plácido Domingo, Edita Gruberova, Neil Shicoff, Daniela Dessi, Mariella Devia, Dmitri Hvorostovsky, Agnes Baltsa e Eva Marton entre outros.

No ano 2002 recibe o Premio Mocidades Musicais de España e na actualidade é profesora de Canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo formando parte do cuarteto “Il vento Canta” co que realizou diversos concertos en Turquía e Italia entre outros. Á vez continua cunha aberta actividade de Concertos como o estreo absoluto da obra de Juan Eiras “Labirinto azul I” coa Orquesta 430 no teatro A Fundación de Vigo, teatro onde tamén actuou co papel de Frasquita na ópera “Carmen” de Bizet.  “Exultate Jubilate” de Mozart coa mesma orquestra 430 no auditorio Mar de Vigo e diversos concertos nas distintas provincias galegas dentro de festivales de música Sacra.

 

Programa:

Concerto Grosso en  si bemol maior op.3 Nº2 de Händel
Concerto Grosso en sol Maior op.3 Nº3 de Händel
Labirinto Azul (I). Poemario Vindel de J.Eiras
Première Rhapsodie de C. Debussy (100 aniversario)
Mar en calma e próspera viaxe op. 27 de F. Mendelssohn

 

Soprano: Beatriz Riobó

Barítono: Eliseu Mera

Clarinete solista: Juan José López Pereira

Clave: María del Mar Blanco

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies