A Clásica

David Garrido Carneiro

David Garrido Caneiro é natural de Vigo, onde remata os seus estudos superiores no Conservatorio
Superior de Música de Vigo co profesor Ricardo Pazo. Foi membro da Orquesta Clásica de Vigo, onde
inicia a súa experiencia orquestral.

Posteriormente é alumno da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e dos Cursos de
Especialización da Universidade de Alcalá de Henares, onde amplía estudos cos profesores Christina
Dominik e Eduardo Martínez. Asiste a clases e a cursos con profesores como Nick Deutsch, Salvador
Mir, Juan Ferriol Thomas Indermühle, Emanuel Abbühl, J. L. Capezalli ou H. Schellemberger.
A súa experiencia orquestral amplíase colaborando con orquestras como a Real Filharmonía de
Galicia, Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias ou Orquesta
Filarmónica de Gran Canaria, entre outras.

Na actualidade é profesor de óboe no Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra.

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies