A Clásica

Lucía Lugrís

Comeza os seus estudos no  Conservatorio Profesional de Música de Melide co mestre Francisco Seoane ata 3º de grao medio, continuando con Fernando Gracia no conservatorio profesional de música da Coruña. Na actualidade  chegou ata 4 de grao superior obtendo as máis altas calificacións en materia de instrumento.

Recibiu clases de diferentes flautistas de ámbito nacional e internacional como Julián Elvira, solista da Banda Sinfónica de Madrid; Carlos Cano Escribá, profesor de flauta no conservatorio de Ciudad Real; Walter Auer, solista da Wiener Philharmoniker , Alan Weiss, flautista co-principal da Orquesta Clásica de Boston e algunhas masterclasses impartidas no conservatorio superior de Vigo. Participou no el “1º Encontro dos conservatorios de Galicia”. Foi frauta solista e piccolo na “Nova Orquesta Galega das Artes” en tódolos seus encontros e na actualidade é frauta solista da Orquesta Sinfónica de Melide, na que leva máis de 15 anos realizando concertos en diversos auditorios de España como o auditorio de Galicia en Santiago, o Palacio de la ópera de A Coruña, o teatro Colón en A Coruña,  o teatro Jofre de Ferrol, auditorio de Ourense, Salamanca, León, Auditorio Nacional de Madrid…e con diferente repertorio: zarzuela, ópera, musicais, sinfonías, música de cine, etc.

Participou con esta mesma orquesta na grabación de 4 discos  no auditorio de Santiago, entre os cales se grabaron obras como Rapsody in Blue, Star Wars, Jesucristo Superstar, West Side Story, temas de Cole Porter… É primeira frauta na xoven orquesta de León dende o 2016.

Grabou un disco coa banda municipal de Melide e  outros dous coa banda municipal de A Golada. Formou parte do primer taller de música actual do conservatorio de Vigo, donde interpretan obras modernas explorando tódolos rexistros e posibilidades de cada instrumento. Ten realizado concertos como solista no teatro principal de Pontevedra, no auditorio de Melide e no Hostal dos Reis Católicos en Santiago tanto acompañada de piano como acompañada de orquesta, con ésta interpretou a suite de Bach á idade de 19 anos. Participou con numerosas bandas de música galegas:banda Artística de Arcade, banda municipal de Melide, Banda de Silleda, banda de A Golada, banda de Merza, banda de Arzúa, banda de Mondariz, banda de Goián, banda de Bembrive, banda municipal de Ourense, banda de Touro, banda de Carballedo…

Actualmente forma parte da banda municipal de Pontevedra como primeira frauta realizando concertos cada 15 días con diferente repertorio, coa cal interpretou  a fantasía brillante sobre Carmen de Francois Borne en decembro do 2017.

Gañou o segundo premio do concurso de música de cámara do conservatorio de Vigo no ano 2016, segundo premio e primera mención de honra no ano 2017. Formou parte dunha Big Band e varios grupos de música folk, explorando así novas sonoridades e estilos. Impartiu clases de flauta na “Escola de Música Municipal de Silleda” do 2007-09, na  “Escola de Música de A Golada” no 2006 e hoxe é profesora de flauta e solfexo na “Escola de Música de Arcade” dende o 2011, band coa que tocou o ano pasado como solista a obra Euterpe, concertino para flauta e banda de Ferrer Ferrán. É tamén profesora de flauta na escola de música de Rubiós y profesora de flauta no Centro Creativo Musical de Moaña.

Programa:

Concerto de Marianna von Martinez
Sinfonía en do maior de Marianna von Martínez
Concerto para frauta op. 107 de Cécile Chaminade

 

Clave: María del Mar Blanco

Voz: Silvia Penas

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

  • Programación extendida no Instituto Camoes

A muller compositora na Europa do Antigo Réxime (1660-1789)

3 de maio ás 20:00 (Entrada libre e de balde ata completar aforo)

Colabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies