A Clásica

María del Mar Blanco Moreno

Nace en Madrid en decembro 1981, comeza os seus estudos musicais aos 11 anos de maneira autodidacta. Con 16 anos ingresa no Conservatorio Adolfo Salazar onde estuda piano con Eva Alcázar e Música de Cámara con Aníbal Bañados titulándose 3 anos despois como profesora de Piano, Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento. Continua os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Salamanca estudando Música de Cámara baixo a dirección de Kennedy Moretti e Piano con Claudio Martinez- Mehner. Posteriormente amplía os seus estudos realizando un posgrao de especialización en repertorio clásico en Florencia coa pianista María Tipo. Recibiu clases maxistrais de interpretación pianística de diversos artistas: Ana Guijarro, Almudena Cano, Ralf Nattkemper, Miguel Ituarte, Patrín García- Barredo, Miriam Gómez-Morán, e Maria João Pires. Como complemento á súa formación, licénciase en Historia e Ciencias da Música na Universidade de Salamanca. Como musicóloga realiza conferencias no V Simposio Internacional da Universidade de Salamanca, II curso de música antiga de Ourense e na Music Academy of Saraievo. Tamén é Titulada Superior en Clave polo Conservatorio Superior de Castela e León onde estudou con Pilar Montoya e baixo continuo con Saskia Roures e Carmen Leoni. Amplía a súa formación en repertorio para clave só con Jacques Ogg e recibe clases maxistrais de L. F. Tagliavini. Como clavecinista tocou coa Orquestra Barroca do COSCYL, Orquestra Vigo 430 e Orquestra Clásica de Vigo.
Impartiu clases maxistrais na Universidade das Artes de Tirana e na Universidade de Saraievo grazas ao programa Erasmus+. Actualmente é profesora de clave no Conservatorio Superior de Música de Vigo e compaxina a docencia coa actividade concertística, tanto ao piano como no clave, tocando en grupos de música de cámara e realizando estreas de música contemporánea.

Programa Ondas do Mar Levado:

15 de marzo de 2018

Concerto Grosso en  si bemol maior op.3 No.2 de Händel
Concerto Grosso en sol maior op.3 No.3 de Händel
Labirinto Azul (I). Poemario Vindel de J.Eiras
Première Rhapsodie de C. Debussy (100 aniversario)
Mar en calma e próspera viaxe op. 27 de F. Mendelssohn

Soprano: Beatriz Riobó

Barítono: Eliseu Mera

Clarinete solista: Juan José López Pereira

Clave: María del Mar Blanco

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

 

Programa Letras Galegas 2018:

17 de maio de 2018

Concerto de Marianna von Martinez
Sinfonía en do maior de Marianna von Martínez
Concerto para frauta Op. 107 de Cécile Chaminade

Clave: María del Mar Blanco

Voz: Silvia Penas

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

  • Programación extendida no Instituto Camões

A muller compositora na Europa do Antigo Réxime (1660-1789)

3 de maio ás 20:00 (Entrada libre e de balde ata completar aforo)

Colabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies