A Clásica

Marta Comesaña

Vigo, 1993. Titulada na especialidade de frauta traveseira polo Conservatorio Superior de Música de Vigo da man do mestre Manuel Morales, obtén a cualificación de Sobresaliente no seu concerto fin de carreira. No ano 2017, cursa o Máster de Interpretación Musical na especialidade de Orquestra – Frauta no Conservatorio Superior de Castilla y León co mestre Pablo Sagredo.

Complementa a súa formación asistindo a cursos con diferentes frautistas internacionais, entre os que destacan André Cebrián, Salvador Martínez, Júlia Gállego, Davide Formisano, Thies Roorda, Ginevra Petrucci, Albert Mora ou Jürguen Franz e Paco Varoch (frautín).

Colabora con diferentes agrupacións, entre elas, a Orquestra Clásica de Vigo, a Orquestra Sinfónica de Castilla y León e a Banda de Música de Pontevedra, baixo a dirección de directores coma Maximino Zumalave, Yan Pascal Tortelier, Lionel Bringuier, Jean-Paul Dessy, Alexander Polyanichko, Lucas Macías, Eliahu Inbal e Alessandro Arnoldo.

Acadando varios premios en concursos autonómicos e internacionais, participa como solista coa Orquestra Vigo 430 e coa Orquestra Sinfónica do CSM de Vigo.

Imparte aulas en diferentes escolas de música, destacando o Conservatorio Superior de Música de Vigo. Na actualidade, é profesora de frauta na Escola de Música Municipal de Sanxenxo e na escola de música da Banda de Música Popular de Rubiós (As Neves).

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies