A Clásica

Raquel Carrera

Natural de Ponteareas, onde comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” rematando o Grao Profesional. Estudia o Grao Superior co mestre Manuel Martínez Álvarez-Nava no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rematándoo con Matrícula de Honra en 2005. Realizou cursos con Wieslaw Reckucki, Víctor Raúl Cardoso, Luis Álvarez, Jorge Risi, Agustín León Ara, etc.

Participou como becaria nos Cursos Internacionais Universitarios de “Música en Compostela” para a interpretación de música española. A súa experiencia orquestral pasa pola realización de cursiños e polo seu traballo con distintas orquestras como a “Orquesta de Cámara Reveriano Soutullo”, a “Orquesta Sinfónica do Sur de Galicia”, coa “Ensemble Vigo 430”,… Foi membro da “Joven Orquesta Sinfónica de Galicia” e da “Joven Orquesta Nacional de España” (JONDE). Dende o ano 2002 ata a actualidade é concertino da Orquestra Clásica de Vigo, coa que tamén actuou como solista en varias ocasións.

Exerceu a súa actividade docente na Escola de Música Municipal “Mestre Inocentes Camaño”, no Conservatorio Profesional de Música de Cangas do Morrazo e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Dende o ano 2008 traballa como profesora de violín e orquestra no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Programa:
Obertura de G. Bacewicz

Concierto para cuerdas de G. Bacewicz
Concierto para violín No.3 de G. Bacewicz

Violín solista: Raquel Carrera
Director invitado: Alessandro Arnoldo

 

  • Programación extendida en el Instituto Camoes

La figura femenina en la historia de la música del siglo XX

4 de abril a las  20:00 (Entrada libre y gratuita hasta completar aforo)

Colabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies