Realiza os seus estudios con So Young Moon e Vladimira Smausova obtendo a Primeira Mención de Honor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Perfecciónase na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (Rep. Checa) durante os anos 1998-2000 con Frantisek Malý e no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia (2000-2001) con Oleg Mantur.
Interpretou como solista os concertos nº3 e 5 de Beethoven coa orquesta “Vigo 430” (maio 2009, abril 2016), o concerto nº1 de Liszt (decembro 2011) coa orquesta “Clásica” de Vigo e o concerto nº1 de Chopin coa Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra (marzo 2012).
No verán de 2009 e co motivo do Bicentenario do Grito Libertario, realizou unha xira de concertos en Bolivia co tenor José Antonio Campo Edesa, co cal colabora regularmente dende o ano 2003. En xaneiro de 2011, co motivo da celebración do ano Liszt, o dúo Campo-Ortiz foi invitado polas embaixadas de España e Hungría para realizar un concerto en Ljubljana (Eslovenia).
Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004). Impartiu clases, a través do programa Erasmus, nos conservatorios de Parma, Verona, Estambul,Bari, Vilnius, Belgrado e Lecce.
Actualmente e dende o ano 2004 é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.