A Clásica

Silvia Penas

Silvia Penas Estévez realizou estudos de Filoloxía galega na Universidade de Vigo, cidade onde mora a día de hoxe. Exerce como profesora de lingua e literatura galega, ademais de dedicarse a outras tarefas profesionais. Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.

Os seus textos foron galardoados en diferentes certames de poesía, entre os que cómpre mencionar o Premio de poesía da Universidade de Vigo 2005, co poema en cinco partes Neste Bosque. Cun conxunto de poemas intitulado A tiranía do des foi premiada en 2007 no Certame Galego de Creadores Novos GZcrea. En 2009 publica Biografía da multitude en coautoría con Elvira Riveiro Tobío, este poemario acadou o premio de poesía Victorano Taibo en 2009.

En 2013 gaña o I Certame Lueiro Rey de Poesía con As uñas crecen, publicado no 2014.

Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013.

En decembro de 2015 publícase Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, premio Avelina Valladares.

Participou como actriz na peza Ti e un té escrita por Afonso Becerra e dirixida por Esther Carrodeguas.

É cocreadora canda o músico Jesús Andrés Tejada do grupo poético musical Cintaadhesiva, no que participa como vocalista e letrista.

 

Programa:

Concerto de Marianna von Martinez
Sinfonía en do maior de Marianna von Martínez
Concerto para frauta op. 107 de Cécile Chaminade

 

Clave: María del Mar Blanco

Voz: Silvia Penas

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

 

  • Programación extendida no Instituto Camoes

A muller compositora na Europa do Antigo Réxime (1660-1789)

3 de maio ás 20:00 (Entrada libre e de balde ata completar aforo)

Colabora: Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies