A Clásica

Novas

metodo-tonic-sol-fa-john-curwen

Nova tempada, nova imaxe

Volvemos facelo. Retomando o proxecto que iniciamos o pasado ano, neste 2019 reformulamos a identidade gráfica da Orquesta Clásica de Vigo no noso empeño por achegarvos a música clásica dende unha perspectiva contemporánea, afastada das tradicionais etiquetas que se asocian a este xénero.

nueva-imagen-orquesta-clasica-vigoSe en 2018 nos inspirábamos nos experimentos acústicos de Chladni para a redeseñar a nosa nova imaxe, este ano tomamos como referencia o método Tonic sol-fa, desenvolvido polo reverendo inglés John Curwen en 1841, tomando como referencia o modelo realizado por Sarah Anna Glover uns anos antes.

Este sistema de aprendizaxe de lectura musical baseábase na representación de notas mediante signos realizados coas mans, que se situaban a diferentes alturas para marcar a entoación, subindo dende a cintura ata a cabeza a medida que aumentaban os tons.

Este recurso resultaba de gran axuda para ensinar ao alumnado de canto que carecía de experiencia, xa que lle permitía representar as notas na súa mente antes de entoalas.

Vínculo de cor

Nun intento de aproximar a proposta de 2018 á de 2019, decidimos tomar a paleta de cor inspirada nas cerámicas tradicionais galegas -empregada o pasado ano- e confrontala coa súa cor complementaria. Isto outórgalle un inusitado impacto visual, converténdose nun suxeito dinamizador dunha imaxe xa de por si versátil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Non perdas ningún concerto

Uso de cookies

Esta web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies