PRÓLOGO A SOUTULLO: SENDA PARA UN CENTENARIO
Reserva aquí as entradas
Consulta aquí o programa completo
O 18 de xaneiro de 1924 estreouse La leyenda del beso, unha das zarzuelas máis importantes e recoñecidas do mestre Reveriano Soutullo. Esta colaboración ou tandem con Juan Vert, supuxo a consagración do artista a nivel estatal, gañando o seu merecido espazo entre os principais zarzuelistas da súa época.
Con motivo do seu centenario, dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos celebrar a importancia dun dos compositores máis importantes da historia de Galicia — nacido en Ponteareas — que levou o nome de Vigo por toda España. Formado en Madrid, no ano 1907 foi becado polo Concello de Vigo para perfeccionar os seus estudos realizando unha viaxe artística por Europa.
Artista único que ademais foi un dos impulsores da Banda Municipal de Música de Vigo grazas a esa ponte que conformaba con Eduardo e Manrique Villanueva, donos da histórica tenda de música da cidade. Xuntos conseguiron traer ao prestixioso director Mónico García de la Parra e facer da nosa cidade un referente estatal a nivel musical.
Esta programación é un recoñecemento a unha figura fundamental da nosa historia a través da cal queremos poñer en valor os principais aspectos que definen o seu éxito: os arranxos, a música para pianola, a súa importancia como compositor de zarzuelas, as primeiras gravacións gramofónicas que permitiron o seu éxito e a música composta para piano que nos permitirá coñecer a vida e a obra do compositor, para rematar cun concerto da Orquesta Clásica de Vigo.
Unha década despois da súa estrea, La leyenda del beso convertíase na banda sonora dos vigueses e viguesas grazas á sintonía de Radio Vigo (1934), pechando ese círculo de importancia absoluta deste compositor para a nosa cidade.
Grazas mestre.
Reserva aquí as entradas
Consulta aquí o programa completo
Soutullo e a pianola, por Jordi Roquer
Concerto de pianola e conferencia
Venres 26 de xaneiro ás 19:00h
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
A consagración de Soutullo como compositor de zarzuelas. De Amores de aldea (1915) a La leyenda del beso (1924), por Javier Jurado
Conferencia
Xoves 1 de febreiro ás 20:00h
Edificio Redeiras da Universidade de Vigo (R/ Ribeira do Berbés, 11)
La leyenda del beso, edicións discográficas de referencia, por Xaime Estévez
Escoita comentada de primeiras edicións
Xoves 8 de febreiro ás 20:00h
Biblioteca da EMAO (Acceso por por R/ García Barbón, 5)
Achegamento á vida e obra de Reveriano Soutullo, por Alejo Amoedo
Charla-concerto
Mércores 14 de febreiro ás 20:00h
Auditorio da EMAO (Acceso por por R/ Pontevedra)
SOUTULLO: O centenario dun mestre da zarzuela
Concerto da Orquesta Clásica de Vigo
Xoves 15 de febreiro ás 20:30h
Auditorio do Teatro Afundación de Vigo
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
20 Agosto 2024
Presentamos Un camiño ben temperado 2024
23 Xullo 2024
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
10 Xuño 2024
Presentamos ao solista: Agustín Lage
10 Xuño 2024
21 de xuño: Día Europeo da Música 2024
1 Xuño 2024
40 aniversario da clásica
3 Febreiro 2024