A Orquestra Clásica de Vigo quere celebrar o Día Europeo da Música 2024 cunha proposta musical en aberto que aborde o período estilístico de tránsito entre o clasicismo e primeiro romanticismo. O programa dará comezo con La finta semplice, abertura composta por W. A. Mozart, obra que dará paso ao Concerto para guitarra e orquestra n. 1, Op. 30 composta polo italiano Mauro Giuliani, artista cunha produción artística dacabalo entre o clasicismo e o romanticismo austríaco, ofrécenos un dos concertos máis importantes escritos para este instrumento. Este concerto pecharase interpretando a Sinfonía en Sib maior Op. 18 Nº 2, de Johan Christian Bach.
O Día Europeo da Música é unha data que a Orquesta Clásica de Vigo celebra desde os seus inicios, para poñer en valor a importancia da escoita e práctica da música en directo. Unha oportunidade para compartir o amor pola música.
PROGRAMA
Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
La finta semplice, K. 51/46a – Abertura – (1768)
Mauro Giuliani (1781-1829)
Concerto para guitarra e orquestra Nº 1, Op. 30 (1808)
I.- Allegro maestoso.
II.- Andantino-Siciliano.
III.- Polonaise.
Solista: Agustín Lage, Guitarra
Johann Christian Bach (1735-1782)
Sinfonía en Sib maior Op. 18 Nº 2 (1765)
I.- Allegro con spirito.
II.- Andantino.
III.- Tempo di minueto più tosto Allegro.
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
3 Novembro 2024
8 pés 2024 do 20 ao 23 de novembro
20 Agosto 2024
Presentamos Un camiño ben temperado 2024
23 Xullo 2024
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
10 Xuño 2024
Presentamos ao solista: Agustín Lage
1 Xuño 2024
40 aniversario da clásica
3 Febreiro 2024