O 28 de decembro a Orquesta Clásica de Vigo despedirá o ano no Teatro Afundación de Vigo cun solista de luxo: Abe Rábade. Un Concerto Extraordinario de Nadal no que se interpretará o clásico de G. Gershwin, Rhapsody in Blue

Entradas xa á venda en Ataquilla!

 

ABE RÁBADE

Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Conta con quince discos como líder (Botánica, o más reciente, publicado por Nuba Records en 2022), estreou dúas composicións sinfónicas (Tránsitos en 2015 e Tempos Velados en 2018), outras tres obras poético-musicais (Rosalía 21 en 2008, Travesía dos poetas en 2010 e Lorca namorado en 2019).

É autor de 200 composicións en estilos como jazz, música clásica, experimental e de raíces. Actúa con numerosas figuras de recoñecido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo. Tamén ofrece múltiples masterclasses en centros especializados.

Graduado Cum Laude en Composición de Jazz e Interpretación de Piano por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999, actualmente é profesor nos conservatorios superiores de música de Galicia e Portugal.