O fío do clasicismo: 28 de outubro
O sábado 28 de outubro ofrecemos a segunda cita da tempada no Teatro Afundación de Vigo co solista Severino Ortiz Rey. O fío do Clasicismo é unha oportunidade para escoitar o concerto n.20 en re menor de W. A. Mozart posto en relación con obras de Beethoven e Gluck.
Entradas dende 5 € en ataquilla.com
O fío do Clasicismo: Gluck, Mozart e Beethoven · 28 de outubro ás 20:30h
Teatro Afundación de Vigo
O segundo dos concertos lévanos a un dos binomios máis importantes da historia da música, conformado entre Wolfgang Amadeus Mozart e Ludwig van Beethoven. Dous artistas que constitúen a bisagra entre o clasicismo e o romanticismo, cunha produción artística que se mostra en moitas ocasións engarzada. Por este motivo, o programa cabalga as obras en función das súas influencias para mostrar unha progresión estilística que tomará a obra de Mozart como centro.
A primeira das obras interpretadas será Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck, unha obra composta polo artista que configura a estrutura da ópera alemá do clasicismo e cuxos pasos seguirán os compositores posteriores da súa contorna -Mozar e Beethoven entre eles-. O final que se interpretará desta obra foi composto por Mozart, mostrando novamente a vixencia e importancia desas conexións estilísticas.
Neste programa, Severino Ortíz Rey será o solista convidado para interpretar Concerto para piano Nº 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart, o cal conta cunha cadencia escrita polo mozo pianista e admirador seu L.v. Beethoven.
Por último, o programa rematará coa interpretación da Sinfonía Nº 1, Op. 21, de L. v. Beethoven, unha interesantísima obra composta en 1800 e que segue os principios do clasicismo co seu indiscutible estilo persoal.
Programa:
Abertura de Iphigenia in Aulide, de C. W. Gluck (Final de Mozart)
Concerto para piano Nº 20 en Re menor K466, de W. A. Mozart (Cadencia de Beethoven)
- Allegro
- Romanza
- Rondó: Allegro assai
Sinfonía Nº 1, Op. 21, de L. v. Beethoven
- Adagio molto – Allegro con brio
- Andante cantabile con moto
- Minuetto. Allegro molto e vivace
- Adagio – Allegro molto e vivace
Solista: Severino Ortiz Rey
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Entradas dende 5 € en ataquilla.com
Presentamos ao noso solista: Severino Ortiz
O sábado 28 de outubro teremos a honra de voltar a contar co pianista Severino Ortíz no escenario do Teatro Afundación de Vigo interpretando o Concerto para piano e orquestra n 20 en re menor K. 466 de W.A. Mozart. Un auténtico luxo e unha honra para a nosa orquestra.
ENTRADAS Á VENTA EN ATAQUILLA DENDE 5€
Hoxe queremos presentar ao noso solista:
SEVERINO MANUEL ORTIZ REY, piano
Nacido en Pontevedra, recibe a súa máis apreciada e valiosa formación pianística da profesora Vladimira Smausová.
Tras obter os títulos superiores de Piano e Música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo, completa a súa formación na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (República Checa) coa profesora Dagmar Simonková e o profesor Frantisek Maly (1998-2000).
Como solista, colaborou coas orquestras "Vigo 430", "Clásica de Vigo" e "Filharmónica de Pontevedra", interpretando os concertos 3, 4 e 5 de Beethoven, o 1 de Chopin, o 1 de Liszt e o concerto para dous pianos de Poulenc.
Ofreceu diversos recitais, entre os que destacan: un programa coas paráfrasis de Verdi-Liszt, para "Amigos da Ópera" (Santiago e Vigo, 2013); as sonatas opus 2 de Beethoven, no ciclo de integral de sonatas de Beethoven da Universidade de Santiago (2017); e un programa con música de Falla e Albéniz, ofrecido no Conservatorio Arrigo Boito de Parma en 2016, onde ademais, presentou unha conferencia titulada "O xesto do cante jondo en Albéniz e Falla".
Desde 2003 forma dúo estable co seu amigo, o tenor José Antonio Campo Edesa, con quen ofreceu recitais en diferentes cidades de España e estranxeiro. Destacan a súa participación no XXIII Festival Internacional de Voces de Altafulla (2010), a xira de Bolivia de 2009, organizada polo AECID, con motivo do Bicentenario do Berro Libertario e o recital polo ano Liszt en Ljubljiana (Eslovenia), organizado polas embaixadas de España e Hungría (2011).
Na súa faceta de músico de cámara, goza colaborando habitualmente co Ensemble Vigo 430 e tocando con solistas como Rusanda Panfili, Lir Vaginsky, Lea Hennino, Cristina Goicea e Sindy Mohamed. Non menos importante son os proxectos realizados co violinista Mario Peris e o clarinetista Roberto Noite, con quen difundiu música de compositores galegos actuais, como Jacobo Gaspar ou Octavio Vázquez, no contexto do programa Erasmus+ (Vilnius, Belgrado, Tirana, 2017-2019).
En 2018 foi convidado por ADEC a participar como pianista acompañante no VIII Congreso Nacional de Clarinete, celebrado en Torrent (Comunidade Valenciana). Recentemente, ofreceu o recital inaugural do IX Congreso ADEC xunto a Philippe Berrod e Sharon Kam (Vigo, 2022).
Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004).
Ofreceu recitais e impartido clases de piano e música de cámara, a través do programa Erasmus, nos conservatorios de Parma, Verona, Palermo, Istambul, Bari, Vilnius, Belgrado, Lecce, Trento, Tirana, Almaty, Esmirna, Saraievo e Cetiña.
Actualmente e desde o ano 2004 é pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
ENTRADAS Á VENTA EN ATAQUILLA DENDE 5€
Abónate: Tempada 2023.2
Xa está dispoñible o abono para asistir aos tres concertos da tempada 2023.2.
Con el poderás asistir aos seguintes concertos:
Ventos do clasicismo: 28 de setembro ás 20:00h · Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Sección de vento da Orquesta Clásica de Vigo / Dirixe Manuel Martínez Álvarez-Nava
O fío do clasicismo: 28 de outubro ás 20:30 · Teatro Afundación de Vigo
Solista: Severino Ortiz / Dirixe Manuel Martínez Álvarez-Nava
Concerto extraordinario de Nadal: 28 de decembro ás 20:30 · Teatro Afundación de Vigo
Solista: Abe Rábade / Dirixe Manuel Martínez Álvarez-Nava
Este ano, para facelo máis doado poderás acceder cunha única entrada, reservada dende o comezo da tempada na web de Ataquilla cos seguintes beneficios:
- Mantés a butaca que desexes dende o comezo da tempada.
- Non será preciso canxear ou formalizar a entrada, accederás aos concertos directamente co abono.
- Terás un desconto nas localidades con respecto á entrada normal.
- Apoiarás á Orquesta Clásica de Vigo nos seus proxectos.
Prezo do abono: 36€
Acompáñanos nesta nova tempada!
Probas de acceso 2023
A Orquesta Clásica de Vigo convoca para o sábado 26 de agosto probas de acceso para todos os instrumentos.
Esta xornada terá lugar na Escola de Municipal de Música de Vigo ás 17:00h e se requerirá a presentación dunha obra libre e dunha lectura a primeira vista.
Para a inscrición é preciso comunicar a asistencia a través do seguinte correo electrónico: xerencia@orquestaclasica.com
Teléfono de contacto: 604 09 39 19
Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos
A Clásica presenta a publicación 'Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos', unha investigación sobre a figura do compositor e os espazos de lecer en Vigo entre 1920 e 1950.
No acto participarán os autores do libro Manuel Martínez Torres, Pepe Coira, Alejo Amoedo e Marcos Amado “Santiso”
- Martes 7 de marzo, ás 19:30h, na Biblioteca da Emao de Vigo.
- Entrada libre
Agardámoste!
II Festival de órgano 8 Pés
Esta mañá presentamos a programación completa do festival "8 pés" coa presenza do director do festival, Manuel Martínez; Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación Pontevedra; e José Vidal, párroco da Concatedral de Santa María de Vigo.
“Para a Clásica é moi importante celebrar esta segunda edición dun festival tan insólito que busca achegar a complexidade e riqueza deste instrumento e o seu repertorio. Traemos a tres dos mellores organistas do Estado para levar o noso órgano aos seus límites artísticos”, destaca o director. “Quero agradecer á Clásica por alertar no seu día sobre a protección deste instrumento, único órgano da cidade e importante patrimonio artístico", sinalaba a deputada.
As entradas son gratuítas e xa están dispoñibles bit.ly/entradas-8pes-2022
Lembra que o espazo é limitado, polo que se finalmente non asistes, podes devolvela para que outra persoa a adquira.
Bono Cultura
Conseguiches o teu bono cultural? Se é así, isto interésache!
Terás un desconto do 50% nas compras que realices ata esgotar o seu crédito (50 euros) e o prazo remata o 31 de decembro.
A Clásica está adherida polo que podes empregalo para mercar o abono para a temporada "Escoitas" e o Concerto de Nadal (cando saian as entradas). O abono sáeche a 32,5 euros (17,5 euros se es menor de 30 anos) e poderás gozar de cinco entradas.
‼️Importante: se decides empregalo coa Clásica, debes chamar ou enviar un whatsapp ao noso teléfono 604 06 39 19 para validar o bono (pois hai que escanealo coa aplicación).
Lembra que no formulario tes máis info sobre o abono. bit.ly/formulario-abono-aclasica_22-23
Tempada 22/23. Escoitas
A Clásica pon o foco nas “Escoitas” na súa nova tempada.
Hoxe presentamos no Concello de Vigo a programación 2022-2023, que ofrecerá distintas sonoridades a través de 5 concertos de outubro a maio.
O obxectivo da orquestra coa nova tempada é ofrecer cinco escoitas coas que reivindicar o teatro como punto de encontro necesario para que o público descubra a diferenza de escoitar unha interpretación en directo. Propoñemos unha viaxe por diferentes sonoridades. Desde “Elgar”, un concerto do sinfonismo do cambio do XIX e XX, pasando polo Concerto de Nadal que busca elevar a música tradicional á categoría de vangarda, polo minimalismo de “Glass”, a esencia galeguista dos anos 30 coa evocación do filme “Canto de emigración” de Pepe Coira e, finalmente, pola paixón e patetismo do concerto para piano de Chaikovski.
As entradas para o primeiro concerto "Elgar" (22 de outubro) xa están á venda: bit.ly/entradas-elgar
Tamén o abono para acceder a todos os concertos. bit.ly/formulario-abono-aclasica_22-23
Canto de Emigración no Ourense Film Festival (OUFF)
O próximo martes 27 de setembro, o Ourense Film Festival acolle a reconstrución que Pepe Coira está facendo de "Canto de emigración" (1934), o desaparecido filme de Antonio Román. O director presenta un traballo de arqueoloxía no que se busca chegar á imaxe a través da música. Trátase dun proceso innovador no eido das reconstrucións cinematográficas, pois está formulado á inversa: colocar a música no papel protagonista.
A Clásica interpretará a música en directo nesta cita tan especial onde descubriremos a partitura orixinal da banda sonora do filme, composta por Teódulo R. Páramos e conservada pola súa neta, Ana Vaqueiro, profesora do Conservatorio de Vigo e violinista da orquestra. Para a realización deste traballo foi preciso un proceso de revisión e edición crítica da partitura orixinal da man de Manuel Martínez Álvarez-Nava.
Vémonos en Ourense!
Un Camiño ben temperado
“Un camiño ben temperado” levará a música antiga a cinco puntos da ruta xacobea portuguesa. O programa xuntará a artistas das dúas marxes do río Miño para poñer en valor o pasado musical común de Galicia e Portugal.
Toma nota das datas!
- 3 de setembro, ás 21h na Igrexa de Santiago (Redondela). “Luz e Norte: música para arpa no mundo hispano. Séculos XVI ao XVIII”, con Manuel Vilas
- 5 de setembro, ás 21h, na Colexiata de Santa María (#Baiona). “Música ibérica para a nobreza do século XVIII”, con Mario Braña (violín barroco) e Elsa Pidre (violonchelo barroco)
- 7 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa Uxía de Mougás (Oia). “Triosonatas di chiesa e camera”, coa agrupación I Colori Dell'Armonia
- 9 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa María (A Guarda). “Transmutaçoes ibéricas, recital de clavecín”, de João Janeiro
- 11 de setembro, ás 18:30h, na Catedral de Tui. “Requiem para o mosteiro de Santa Clara”, coa agrupación Metáfora das Flores baixo a dirección musical de Magna Ferreira.
Entrada de balde ata completar capacidade do espazo.
Folleto: bit.ly/folleto-uncaminobentemperado
Subvencionado cos fondos do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia
Xacobeo Turismo de Galicia Cultura de Galicia Camino Xacobeo