Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo
Os timbais recuperados da extinta Banda Municipal de Música de Vigo soarán no concerto da Clásica sobre Mozart o venres 18 de marzo.
Esta iniciativa, que se completou coa publicación dun libro sobre a restauración, está enmarcada na liña da orquestra de recuperar e poñer en valor o patrimonio cultural de #Vigo. Os timbais, de 1913, levaban 30 anos esquecidos e atopábanse nun estado de deterioro moi acusado. Coa restauración, devolvémoslle a súa esencia para que recuperen a súa utilidade
Hoxe presentouse na Biblioteca da Emao a publicación. “Os timbais da Banda Municipal de Música de Vigo. Historia musical de Vigo a través dunha restauración”, editado pola Orquesta Clásica de Vigo e na que participan Pablo Abreu, Alejo Amoedo, David Rodríguez e Manuel Martínez Torres, autores que abordaron a importancia destes timbais desde os seus respectivos campos. A realización da publicación conta co apoio da Deputación Pontevedra.
Mentres o libro publicado persegue achegar ao público a información para comprender e valorar o pasado musical da cidade, a propia restauración dos timbais feita pola Clásica ten como finalidade que os instrumentos volvan usarse para facer música. Será no concerto “Mozart esencial” grazas ao percusionista David Rodríguez.
Tempada 22.1 - Correspondencias
Esta mañá presentamos o programa de "Correspondencias", título da primeira parte da temporada 2022, que conta co apoio do Concello de Vigo.
O director técnico e responsable de programación, Manuel Martínez Torres, explicou que “con estes concertos teremos a oportunidade de escoitar sonoridades e propostas moi distintas que manteñen unha mesma intencionalidade: abordar a vixencia da arte a través do tempo, a través da escoita contemporánea da música”. O obxectivo de "Correspondencias" vai máis aló, pois buscamos plasmar a diversidade que pode ofrecer unha orquestra coma a nosa e conectar co público, propoñendo escoitas sempre actuais e vixentes sobre o noso diverso pasado musical.
O primeiro concerto, "Un entroido instrumental", será este sábado 26 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Afundación. Esta mascarada instrumental funciona a modo de obertura da tempada e antecede á reflexión de "Correspondencias", que lle permitirá ao público achegarse ao Mozart máis esencial para a orquestra coa sinfonía Haffner (18 de marzo), a unha revisión da trascendencia do mesmo compositor pero desde a óptica da poesía actual galega con @cintaadhesivaband (9 de abril) así como a descubrir unha incrible revisión soviética da "Carmen" de Bizet (27 de maio).
As entradas para todos os concertosxa están á venda en Entradas Ataquilla.com desde 5 euros.
Abono tres butacas
Lanzamos o Abono Tres Butacas para 2022!
- Un código de tres usos.
- Para gozar de tres concertos a elixir de entre toda a programación de pago do vindeiro ano.
- Flexible: para usar en concertos distintos ou nun único concerto.
- Intercambiable (non é nominativo polo que podes compartilo con outras persoas).
- Prezo: 40 euros.
Queres comprar o abono?
Enche o formulario de inscrición e fai a transferencia bancaria co pagamento bit.ly/formulario-abonotresbutacas
Se vés o martes ao Concerto de Nadal, tamén poderás mércalo alí (pago con tarxeta).
Se desexas utilizar o desconto do Bono Cultura da Xunta tes que chamar ou enviar un whatsapp ao número 604 06 39 19 para facer a xestión.
Regala cultura! Grazas por apoiarnos!
Festival de órgano 8pés
Descarga aquí o folleto coa programación completa
Hoxe mércores 17 de novembro presentamos na Concatedral de Santa María de Vigo o Festival de órgano "8pés", unha aproximación ao instrumento desde a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario. Así, o festival xorde como unha oportunidade para abrir o órgano á cidade, nunha programación diversa pensada para descubrir, gozar coa súa música e poñer en valor o noso patrimonio restaurado. O festival “8 pés” está financiado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas e conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e a Naviera Mar de Ons.
O festival desenvolverase na Concatedral de Vigo, na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Todas as actividades serán de balde previa
retirada de convite na plataforma Enterticket a través desta ligazón e haberá un límite de 2 convites por operación co obxectivo de dar a posibilidade a un maior
número de persoas de conseguir a súa entrada, debido ás limitacións de capacidade dos espazos dos eventos.
Concertos Malditos | Ciclo de outono 2021
Como se se tratase dunha historia maldita, o ciclo co que despediremos o ano 2021 preséntase como un desexo. Como un chamamento á normalidade para voltar a reunirnos co público e facer música de verdade. O acontecido nestes meses é de sobra coñecido, dando paso a unha sucesión de incertidumes e silencios que nos levaron a reinventar os proxectos para poder sobrevivir e seguir compartinto a nosa arte cos públicos. Con todo, aquí seguimos, con eses "malditos concertos".
Na última metade do ano levaremos á escena aqueles proxectos que “non puideron ser”; eses concertos programados durante o ano 2020. Citas musicais nas que Berta Fresco interpretaría un 14 de marzo o Concerto para piano e orquestra en la menor, Op. 16 de Edward Grieg e Severino Ortiz o Concerto para piano e orquestra n. 4 en Sol maior, Op. 58, de Ludwig Van Beethoven no nadal de 2020.
Este ciclo busca poñer en valor o traballo das persoas que traballan coa música que, nun plano secundario, sufriron cancelacións, cambios de normativas e a imposibilidade de facernos chegar a súa arte. Esta é unha homenaxe a estes "malditos artistas" que, pese a todo, seguen loitando por compartir con nós a súa música.
Maldita Percusión
26.09.2021 | 20.00h | Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Maldito Beethoven
23.10.2021 | 20.30h | Teatro Afundación
Maldito Concerto de Nadal
28.12.2021 | 20.30h | Teatro Afundación
Entradas en www.ataquilla.com
Descarga aquí o folleto da tempada
Creaclasica 2021
DATA LÍMITE 29 de outubro. INSCRÍBETE AQUÍ
A Orquestra Clásica de Vigo convoca a 3ª edición de CreaClásica, un proxecto promovido en colaboración coa Fundación SGAE en Galicia, que aposta pola difusión e o recoñecemento de novos talentos da composición, e por incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo.
Requisitos para participar
As persoas que presenten as súas composicións ao certame CreaClásica deberán er obra sinfónica publicada e non poderán exceder os cinco anos desde a súa titulación -entre 2017 e 2021- e deberán estar asociados á SGAE e censados en Galicia. Poderase presentar unha única obra inédita, cunha duración duración máxima e mínima estará comprendida entre os 10 e os 15 minutos. As solicitudes faranse a través de la web da Orquesta Clásica de Vigo, empleando o formulario de google para este fin e enviando os materiais a través de Wetransfer á conta crea@corquestaclasica.com, evitando en todo momento mostrar elementos nos que se poida identificar a autoría co fin de garantir o anonimato ante o xurado. As obras enviaranse nun arquivo comprimido que deberá conter, ademáis das partituras de orquestra e partes, unha gravación ou un midi. Como máximo podrá empregarse o seguinte orgánico: 2 trompas en fa, 2 trompeta en Do/Si b, 2 trombóns, 1 tuba, 4 timbais, 1 bombo de concerto, 1 vibráfono, 2 marimbas, 1 lira, 1 xilófono, 1 campanólogo. Outros elementos a maiores como pequena percusión ou electrónica serán facilitados polos participantes.
O prazo para presentar as candidaturas e os materiales estará aberto dende mañá 20 de agosto de 2021 ás 14:00h ata o día 29 de outubro ás 14:00h. O veredicto do xurado notificaráselle ás persoas gañadoras como data límite o mércores 11 de novembro e a decisión será inapelable. CreaClásica ten unha dotación económica de 500 para a obra gañadora, que será gravada e interpretada pola Orquestra Clásica de Vigo e difundida a través das súas canles dixitais.
Este concurso de composición pretende ofrecer unha plataforma para todas aquelas persoas que se dedican á composición en Galicia e que despois de abandonar os nosos conservatorios non dispoñen dun espazo para difundir e difundir as súas creacións.
Na pasada edición a obra premiada foi Juegos, de Alejandro Galansky López; e na primeira edición pre-pandemia, o certame outorgou tres premios: o primeiro premio recaeu una obra Tempestas de Ismael Amoedo; o segundo foi para o Preludio da noite sulagada de Carme Rodríguez e o terceiro para o Preludio e Fuga de María Veiga Lombardía.
Descarga:
NORMAS ESTENDIDAS: CREACLASICA 2021
Colaborador principal:
Haydn + Mozart | Teatro Afundación | 17 de outubro ás 20:30
Haydn + Mozart | Teatro Afundación | 17 de outubro ás 20:30
O Clasicismo para a nosa orquestra é como voltar a casa nesa viaxe constante da que seguimos extraendo leccións, significado e músicas. Por este motivo, este programa xirará en torno á obra de Gluck, Haydn e Mozart, artistas que compartiron tempo, espazo e inquedanzas artísticas. As pezas escollidas teñen unha intencionalidade e estarán conectadas entre si dende o punto de vista estilístico e conceptual, polo que vos convidamos a descubrilas durante o concerto.
Este programa está deseñado nun contexto de aforos reducidos, distanciamento e contención, polo que a volta a este estilo non é casual, pois conecta perfectamente coas necesidades do noso contexto. Con todas as dificultades que supón organizar un concerto nestes tempos, facer música e encher as salas dos teatros trátase case dunha cuestión de militancia na cultura. Por estes motivos agradecemos máis que nunca a vosa participación e constancia. Resistimos, seguimos!
Programa:
- Orfeo ed Euridice (Abertura), de C.W. Gluck
- Concerto en la maior n.5 para violín e orquestra K.219 “Turco”, de W.A. Mozart
- Allegro Aperto
- Adagio
- Rondeau - Tempo di Minuetto
Solista: Raquel Carrera Álvarez
- Sinfonía n. 54 en sol maior Hob.I:54, de J. Haydn
- Adagio maestoso - Presto
- Adagio assai
- Menuetto e trio: Allegretto
- Finale: Presto
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Concerto sen descanso
Tempada 20.2
Orquesta Clásica de Vigo | Tempada 20.2
A Orquesta Clásica de Vigo volve aos escenarios no mes de setembro coa tempada 20.2, unha proposta sinfónica adaptada á situación extraordinaria de distanciamento e medidas de seguridade para garantir unha cultura segura para todas e todos. Tras os meses de silencio que se impuxeron de forma dramática fomos quen de voltar a levar música a espazos en aberto, propostas accesibles para garantir a expresión artística e a continuidade da orquestra.
Agora tócanos voltar a repensar as propostas, mudar e adaptarse para seguir no mesmo sitio, como diría L. Carroll. Nos próximos meses, a Orquesta Clásica de Vigo apostará polo clasicismo e as formacións sinfónicas de pequeno formato coa fin de poder manter a actividade nos espazos limitados cos que contamos.
Por outra banda, do mesmo xeito que fixemos nos meses de verán, apostaremos por artistas locais, presumindo de talento e deixándonos sorprender polos nosos.
A situación que estamos a vivir, con toda a súa crudeza, era inimaxinable, pero temos que seguir. A cultura non pode para etemos que continuar compartindo música, a que sexa. O deseño dunha programación preséntase agora como unha cuestión de resistencia e supervivencia, e se seguimos é grazas a vós.
Voltamos aos escenarios e Orquesta Clásica de Vigo é máis que nunca a vosa orquestra. Grazas e bentornati.
Orquesta Clásica de Vigo | Miradas
Tempada 20.2
27 de setembro: Bentornati | Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 18:00h e 20:00h
17 de outubro: Mozart + Haydn | Teatro Afundación (Auditorio) ás 20:30
29 de decembro: Concerto Extraordinario de Nadal | Teatro Afundación ás 20:30
Solistas:
Raquel Carrera Álvarez (Violín)
Severino Ortíz Rey (Piano)
Director titular e artístico:
Manuel Martínez Álvarez-Nava
Medidas de seguridade e prevención extraordinarias: COVID-19
Para os meses de verán a Orquesta Clásica de Vigo quere voltar a compartir música en directo coa cidadanía, polo que é preciso tomar todas as medidas de seguridade precisas para que os eventos sexan seguros e non impliquen risco de contaxio, tanto o público como para os músicos. Por este motivo realizouse un protocolo de traballo a aplicar tanto nos concertos como nos ensaios e resto de actividades como transporte, montaxe, etc. que se realicen na entidade.
Neste verán, a orquestra interpretará o concerto mantendo distanciamento entre os instrumentistas, que portarán máscaras na medida das posibilidades do seu instrumento. Empregarán ademáis mamparas de metacrilato e, na medida das posibilidades técnicas, o concerto será realizado sen cadeiras.
De cara aos asistentes de todos os eventos mantemos as seguintes normas:
Será preciso que os asistentes porten máscaras durante a totalidade da duración do evento.
O público asistente estará sentado nas cadeiras dispostas pola organización mantendo a distancia de seguridade.
As cadeiras estarán desinfectadas, polo que non será posible o cambio de ubicación unha vez iniciado o evento coa fin de garantir a hixiene e seguridade para todos os asistentes.
Por último, para a realización dun evento seguro é preciso a colaboración activa e complicidade de todas as partes: Músicos, organización e públicos.
Dende a Orquesta Clásica de Vigo queremos saír as rúas para rachar o silencio dos últimos meses sen esquecer en ningún momento a prudencia, seguridade e prevención.
CreaClásica 2020
CreaClásica 2020
En 2020 chega a segunda edición do proxecto CreaClásica, unha proposta que nace como un panel de lectura organizado pola Orquesta Clásica de Vigo destinado a incentivar a creación dentro do campo da música sinfónica.
A Orquesta Clásica de Vigo busca apoiar o traballo creativo de novos talentos na composición, así como a favorecer á súa difusión mediante a incorporación das obras gañadoras á actividade anual da orquestra en Vigo.
En 2020 celebramos a segunda edición nun contexto marcado pola crise sanitaria da COVID-19. Debido a que por mor da incertidumbre xeral non podemos garantir a estrea da obra nun concerto, neste ano apostamos polo formato audiovisual, premiando a unha única obra que será interpretada pola Orquesta Clásica de Vigo, gravada e difundida a través das canles dixitáis da entidade.
Cada candidato/a poderá concorrer a este panel cunha única obra que deberá ser inédita.
No momento da solicitude, os participantes estarán en posesión da titulación superior de composición e estar censados en Galicia.
Non existe limitación de idade, pero non poderán ter transcorrido máis de 5 anos dende a data de obtención da titulación.
O orgánico será o mesmo en todos os casos e a duración das obras estará comprendida entre os 10 e os 15 minutos.
As solicitudes faranse a través de la web da Orquesta Clásica de Vigo, empleando o formulario de google para este fin e enviando os materiais a través de Wetransfer a conta.
I PREMIO
1 Premio de 500 euros
Interpretación e gravación da obra gañadora por parte da Orquesta Clásica de Vigo
Inclusión e difusión da obra a través das canles dixitáis da Orquesta Clásica de Vigo
II REQUISITOS
Os/as autores/as participantes deberán cumplir os siguientes requisitos:
- Deberá ser socio/a da SGAE.
- Non excederá máis de 5 anos dende a obtención da súa titulación superior.
- Deberá ter obra sinfónica publicada.
- Presentará unha obra inédita cuxa duración máxima e mínima estará comprendida entre os 10 e os 15 minutos.
- As obras enviaránse mediante Wetransfer nun arquivo comprimido que deberá contener, ademáis das partituras de orquestra e partes, unha gravación ou un midi.
- Como máximo podrá empregarse o seguinte orgánico: 2 trompas en fa, 2 trompeta en Do/Si b, 2 trombóns, 1 tuba, 4 timbais, 1 bombo de concerto, 1 vibráfono, 2 marimbas, 1 lira, 1 xilófono, 1 campanólogo.
Outros elementos a maiores como pequena percusión ou electrónica serán facilitados polos participantes.
O prazo para presentar as candidaturas e os materiales estará aberto dende o día 10 de agosto de 2020 ás 14:00h ata o día 5 de outubro ás 14:00h.
O veredicto do xurado notificarase aos gañadores a non máis tardar do mércores 11 de novembro e a decisión será inapelable.
As solicitudes serán individuáis.
III PROCEDEMENTO
Para participar será necesario cubrir o formulario de Google disposto na páxina web da Orquesta Clásica de Vigo.
A obra e materiais propostos enviaránse mediante Wetransfer a crea@orquestaclasica.com.
As partituras, gravacións e demais material musical enviado non mostrarán nomes, alias, sinaturas ou calquera elemento que identifique ao/á compositor/a participante coa fin de garantir o anonimato ante o xurado.
Os participantes comprométense a facilitar a partitura do director, todas as partes necesarias para a interpretación así como unha gravación ou midi complementario.
DESCARGA O FOLLETO: FOLLETO CREACLASICA
DESCARGA AS BASES COMPLETAS: NORMAS CREA CLASICA 2020
PRAZO: Do 10 de agosto de 2020 ás 14:00h ata o día 5 de outubro ás 14:00h.
CORREO: crea@orquestaclasica.com
FORMULARIO:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSff5N1Cl6EiUB4C6R9SXAjS90Ivbi6PcWsRUGqVngXvZEFORA/viewform?usp=sf_link
Colabora: Fundación SGAE













