Presentación de Os Atardeceres da Clásica

ACTUALIZACIÓN: ¡Xa están dispoñibles as fotos do evento!

A Orquesta Clásica de Vigo realizará o día 22 de xullo unhga xornada lúdica na Praia de Samil ao solpor. Unha tarde de concertos abertos á cidadanía.

Ao atardecer, disfrutando de boa música e dunha cervexa no lugar onde antes se levantaba o restaurante das Dornas en Samil. Hai una mellor forma de disfrutar do verán? Nós cremos que non.

Concertos de música de cámara no xardín do paseo de Samil para despedir o día. Un plan único para disfrutar do verán. Concertos que empezarán as 20:00 e rematarán ás 22:30.

Este evento realizarase en colaboración co Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo na illa de San Simón con gallo de facer una promoción conxunta das nosas actividades.

Máis info na páxina do evento.


Celebración do Día Europeo da Música 2015

ACTUALIZACIÓN: ¡Xa están dispoñibles as fotos do evento!

A Orquestra Clásica de Vigo celebra este 2015 o Día europeo da música ao grande. O 21 de xuño a orquestra encherá de música o Casco Lanuxe de Vigo, unha xornada musical que se desenvolverá en distintas prazas ao longo da tarde. Propostas de música de cámara, percusión, agrupacións de vento ou corda que culminarán cun concerto de clausura da man da Orquestra Clásica de Vigo ao completo na Praza dá Igrexa.

Máis info na páxina do evento.

1// 18:00 Agrupación de percusión/ Praza da Pedra

Abrimos a xornada cunha agrupación de percusión da man de Jesús Álvarez, Pablo Blanco, Fernando Vidal y Álvaro Jurado

Clapping Music Steve Reich
Michi / Keiko Abe
Tchik / Nicolas Martynciow
Fuga 1001 / Bach
American Suite / Guy Gauthreaux

+Batucada

2// 18:30 Trío con piano / Travesía da Esperanza con Rúa Funil

Ana Leirós Araujo, Clarinete
Elena Pintos Rodríguez, Violoncello
Magdalena Argibay Ligero, piano

Johannes Brahms (1833-1897)
Trio Op. 114 en La menor (891
I – Allegro

Nino Rota (1911-1979)
Trio para Clarinete, violoncello y piano (1973)
Allegro
Andante
Allegrissimo

3// 19:00 Trío de cuerda/ Rúa Joaquín Yáñez con Rúa Fermín Penzol

Manuel Sabucedo, Violín-
Ana Bouzas, Viola
Margarita Mariño, Violoncello
Concerto con programa secreto.

4// 19:30 trío con piano /Rúa Méndez Núñez, 14

Roberto López Martínez ,clarinete
Manuel Lizul Sestelo, trompa
Aarón Siebert Sío, piano

Trio de Piano, Clarinete y Trompa, Op.274 / Carl Reinecke
Movimiento 3º/ Scherzo. Allegro

5// 20:00 quinteto de viento / Rúa Real con Rúa Esperanza

Pablo Vázquez, trompeta
Laura Pérez, trompa
José Pons, trombón
Pedro Lamas, Tuba
Adán Fernández, Trompeta
Concerto con programa secreto.

6// 20:30 Orquesta Clásica de Vigo / Praza da Igrexa

Ludwig Van Beethoven (1770-1827)
EGMONT, Op. 84 (1809-10) - Obertura -

W. Amadeus Mozart (1756-1791)
CONCIERTO Nº 5 en La Mayor, K.V. 219 (1775)
- Para violín y orquesta –
II.- Adagio
Solista: Iria Pérez Gregorio

Emmanuel Séjourné (1961- )
CONCERTO PARA MARIMBA E CORDAS (2005)
II.- Rythmique, énergique
Solista: Álvaro Jurado García

Antonin Dvorak (1841-1904)
SUITE AMERICANA, Op. 98b (1895)
II. Andante con moto
V.- Allegro


Presentamos o ciclo Música e Resistencia

ACTUALIZACIÓN: ¡Xa están dispoñibles as fotos do evento!

O Concello de Vigo colabora coa Orquestra Clásico de Vigo no ciclo de concertos "Música e Resistencia", onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. Tal e como explicaron en rolda de prensa, o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez e o O fío conductor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles. Os concertos terán lugar os días 28 de marzo, sábado, na Concatedral ás 21,00 h; o domingo 5 de abril, na Igrexa María Auxiliadora, ás 20,30 h no Teatro Afundación. Nos dous primeiros casos, a entrada será libre ata completar o aforamento; no caso do 1 de maio, trátase dun concerto a beneficio do Banco de Alimentos, polo que as entradas canxearánse a cambio de donativos a esta institución.

A música, como ocorre con outras manifestacións artísticas, é un elemento que serve para unir a un pobo, esto é debido a que nos vemos reflectidos na arte. A Reconquista de Vigo é un exemplo para todos os vigueses e viguesas pois representa como ningún outro feito a nosa historia de loita dunha cidade para defender a súa libertade fronte ao que representa a opresión estranxeira, valores que hoxe en día seguimos a defender.

Este ciclo de concertos pretende poñer de manifesto como a música serve para estes fins comúns. A exaltación do triunfo sobre a opresión externa é un dos mellores exemplos, pois non hai celebración sen música. A través deste ciclo de concertos, a Orquesta Clásica de Vigo pretende ofrecer unha lectura distinta da música con fin de desenvolver unha serie de propostas temáticas que aporten valor engadido á mera interpretación das propias obras.

O ciclo comeza o sábado 28 de marzo con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a cidade. Iniciarase o concerto coa Batalla de Wellington, composta por L.V. Beethoven en 1813, trátase dunha obra que fai referencia á batalla da Guerra de Independencia, un momento crucial para a historia de Europa pois é o principio do fin do Imperio Napoleónico. En segundo lugar representarase un Te Deum, obra coa que os vigueses e viguesas colebraron o 29 de marzo de 1809 o triunfo fronte ao Cristo da Victoria. Con estas dúas obras ponse de manifesto a importancia da música como elemento unificador dun pobo que se levanta contra un invasor.

O segundo concerto, o 5 de abril, serve para reflexionar a capacidade da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema. Unha fórmula de empresión fundamental cando as palabras non serven. Para iso poñerase en relación tres obras de distintos momentos, dous de temática relixiosa baseada na Semana Santa e o Cuarteto para o fin dos tempos, composta por Oliver Messiaen en 1940-41, tempo no que estivo recluído nun campo de concentración. Unha comparativa entre dous temas distintos e distantes no tempo pero que sen dúbida presentan unha forte conexión.

O ciclo termina o 1 de maio, con tres obras que representan o mito romántico do triunfo das ideas tras a morte, con tres obras de distintas épocas e estilos. A obertura Egmont, composta por Beethoven, é o mellor exemplo deste espírito. Un conde flamenco que deu a súa vida por revelarse ao Duque de Alba. Más tarde Goethe escribiría unha traxedia onde se exaltaría a idea romántica do heroe que dá a vida polo seu pobo e cuxas ideas triundan tras a súa morte. Pero non todo é celebración, tras a guerra sempre sega o loito polos que non regresan, este é o caso de Le Tombeau de Couperin, que foi composta por Ravel a modo de homenaxe aos seus compañeiros caídos na Gran Guerra, nun intento de expresar que o seu esforzo e o seu sacrificio non sería esquecido. Para rematar, a Sinfonía do Novo Mundo de Antonin Dvorak, unha obra que representa a aspiración a crear e habitar novos mundos, aínda que estes aínda non existan. Mundos que se poden crear desde a música.

Máis info nas páxinas dos eventos: I, II, III.