En feminino
O primeiro dos bloques de tres concertos recibe o título de “Outras voces” e ten como obxectivo ofrecer unha lectura diferente, con puntos de vista actuais sobre a música clásica. Neste programa non podemos pasar por alto a figura e o traballo silenciado das mulleres na música clásica, en concreto a acción das compositoras e intérpretes na música sinfónica. É na música onde este silencio existe dun xeito máis notable e inexplicable, sobre todo se o comparamos coa situación das mulleres con respecto ao resto das artes.
Buscamos con este concertos reivindicar os traballos e as figuras silenciadas, poñéndoas en valor en dous concertos cuxa programación está integramente adicado a compositoras de distintos estilos. Ademais pretendemos complementar este traballo con dúas charlas en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e Instituto Camões en torno á muller na música sinfónica. A primeira será o 4 de abril e estará centrada nos século XIX e XX. A segunda será o 3 de maio e aborará os séculos XVII e XVIII, estendendo así este traballo de visibilización fóra do teatro e complementándoo cunha tarefa de divulgación realizada por dúas musicólogas.
Na primeira das datas programadas interpretaremos o concerto de violín de Grazyna Bacewicz, que presenta unha calidade innegable, tanto dende o punto de vista musical como técnico. Obras sinfónicas que a situarían entre as figuras máis destacadas do seu momento. A realidade, para a nosa sorpresa e reflexión, é que é unha artista descoñecida. O mesmo ocorre no caso de Mariana Von Martínez -Mari Anna Martínez ou Marianna Martines, segundo se atope en distintas edicións-, unha compostora do clasicismo na Viena de Haydn, sendo, de feito, discípula deste compostor. De ascendencia española, esta muller ofrece obra de gran calidade formal, na liña das composicións do seu momento e estilo. A realidade que nos atopamos é que esta compositora que se enfronta á música sinfónica é outra descoñecida. Nun caso distinto atópase a obra da francesa Cécile Chaminade, unha frautista e compostora que ten un concerto dos máis coñecidos e interpretados para este instrumento.
Descoñecemento, desinterese e deixadéz á hora programar son as principais hipóteses para que artistas como as seleccionadas para estes concertos non estean na primeira liña nos programas das orquestras profesionais. Por iso entendemos que é unha labor fundamental facer este traballo de posta en valor e divulgación dende organizacións como a nosa orquestra.

Programación 2018
Para este ano 2018, a Orquesta Clásica de Vigo presenta unha programación de oito concertos sinfónicos divididos en dous bloques que buscan chegar a distintos segmentos de públicos. Con eles queremos ofrecer unha programación ecléctica, variada e actual da música clásica coa que agardamos sorprender e ilusionar.

Resonancias 2017
RESONANCIAS 2017
Resonancias é un ciclo de seis pequenos concertos que busca fomentar a escoita activa da música en locais da cidade dun xeito cercano e cotiá. Os concertos serán no Galería Jazz os primeiros vernes de cada mes e no De catro a catro os primeiros sábados do mes.
- Abril | Cuarteto Scordatura | Contemporáneo
Programa: Oblivion de Piazzolla e Cuarteto americano de Dvorak
Datas: V7: Galería jazz 21:00 S8: De catro a catro 20:00
- Maio | Aires Gallegos | Cámara
Programa: Chacona de Bach para violín, Sonata en mi m de mozart para violín e piano, momentos musicais de Rajmáninov 3 e 4, Schubert/Liszt Margarida na roca.
Datas: V5: Galería jazz 21:00 S6: De catro a catro 20:00
- Xuño | Trío Auriensis | Cámara
Programa: Sonata no 5, opus 24, “Frühlingssonate”, para violín y piano, L. van Beethoven, “Larghetto” para trompa y piano, E. Chabrier, Trío opus 40 para violín, trompa y piano, J. Brahms.
Datas: V2: Galería jazz 21:00 S3: De catro a catro 20:00
- Setembro | chant grenouille | Jazz
Programa: Música original e standards baseados no jazz manouche de Django Reinhardt e Stephane Grappelli.
Datas: V1: Galería jazz 21:00 S2: De catro a catro 20:00
- Outubro | Trío Etéreo | Composición
Programa: Mundos Paralelos
Datas: V6: Galería jazz 21:00 S7: De catro a catro 20:00
- Novembro | I Colori dell'armonia | Música Barroca
Programa: Telemann session
Datas: V3: Galería Jazz 21:00 S4: De catro a catro 20:00
Múltiples orquestras
A Orquestra Clásica de Vigo arranca este ano cunha programación ambiciosa, aberta e plural. Unha programación destinada a diversos públicos aos que queremos sorprender e ilusionar con músicas de múltiples estilos que conflúen na mesma formación.
Existen moitas orquestras na Clásica.
Con la orquesta en los talones
A Clásica presenta a súa programación para o último trimestre de 2015 que estará composta por dous concertos nos que se busca plasmar os cambios profundos na concepción na forma de programar que se veñen xestando ao longo do presente ano.
Dúas bandas sonoras, Back to the future e Star Wars mesturaranse coa obra de dous autores de música clásica, Aaron Copand e, no segundo concerto, Richard Wagner e Hector Berlioz para xerar unha lectura diferente da música de cine.
Obxectivo do ciclo
"Con la orquesta en los talones" é unha proposta musical que busca axuntar a música de cine coa música clásica, dous xéneros musicais distintos pero profundamente entrelazados. Un ciclo de carácter programático que pretende dar a coñecer unha nova forma de achegarse á música de cine ao propoñer unha lectura máis ampla que, ante todo, busca fuxir do hit, os concertos de grandes éxitos e os proxectos baleiros de contido conceptual. Con este proxecto búscase dar unha dimensión propia onde os dous xéneros poidan apoiarse entre eles e propoñer novas realidades narrativas sobre obras coñecidas.
Back to the future+Aaron Copland
Data: 21 de Outubro
Lugar: Teatro Afundación (García Barbón)
O 21 de Outubro de 2015 é un día a recordar para todos os entusiastas desta triloxía. Este é o ano no que Doc, Marty McFly e Jennifer Parker regresan ao futuro. Unha saga que marcou unha época xunto coa súa máquina do tempo icónica polo que creemos que merece abrir este ciclo por dereito propio.
Nesta ocasión equipararemos a obra de Alan Silvestri, compositor da banda sonora de Back to the future á música de Aaron Copland coas súas dúas vertentes máis destacadas, a música baseada na fanfarria de metais con todo o compoñente épico que iso conleva e a música inspirada nos motivos do oeste americano.
Buscamos entrelazar as obras dos dous compositores, contrastándoas para xerar unha forma nova de achegarse á súa música.
Star Wars+Richard Wagner&Hector Berlioz
Data: 29 de Decembro ás 20:30
Lugar: Teatro Afundación (García Barbón)
O 18 de decembro será o estreo sétima película de Star Wars. Unha saga atemporal que cambiou o cine de ciencia ficción. A música de John Williams composta para estas películas non necesita explicación e é dabondo coñecida por todos. Por iso, pola súa grandeza, decidimos despedir o 2015 con esta banda sonora.
Nesta ocasión imos abordar estas obras desde unha óptica distinta, comparando o mito da forza e o seu lado escuro, como idea de poder sobre o que se constrúe Star Wars co mito de Fausto, de Goethe, quen, do mesmo xeito que Anakin, vende a súa alma para alcanzar o coñecemento supremo sen esforzo. O tema deste concerto virará en torno a estas dúas figuras.
Por iso traballaremos coa obra de Richard Wagner, outro compositor atemporal, quen a maiores de contar cunha obra desta temática conta cunha sonoridade equiparable á que se presenta na banda sonora da película compartirá programa coa obra do mesmo tema composta por Hector Berlioz. Dous compositores románticos cuxo estilo sinfónico serve para sentar as bases da composición para o cine.
Escenarios para A Clásica
Orquesta Clásica de Vigo naceu en 1984 co obxectivo de proporcionar aos estudantes do conservatorio de Vigo un escenario formativo distinto ao que se ofrecía naquel momento.
As necesidades cambian co tempo e o que nun primeiro momento era unha necesidade hoxe é unha realidade. Moitas procuras suscitadas naquel primeiro momento hoxe atoparon resposta, outras demostraron levarnos a un camiño sen saída e algunhas seguen sen ser posibles.
É preciso neste momento suscitarse novos escenarios de traballo, detectar carencias na formación ou ámbitos nos que investigar. Entender a orquestra como un proceso aberto e participativo, un organismo vivo co que cuestionarse a realidade e o asumido.
Traballar para camiñar. Experimentar para suplir carencias no ámbito a música orquestral como a carencia de proxectos de comisariado, a falta de vontade narrativa nos proxectos ou a necesaria revisión do compoñente visual do xénero e a súa posta en escena son as necesidades que demanda o noso tempo. Traballar de forma inclusiva e aberta para integrar distintas organizacións co fin de consolidar un tecido cultural vivo e dinámico.
En definitiva, crear novos escenarios de traballo para seguir creando futuro.
Presentación de Os Atardeceres da Clásica
A Orquesta Clásica de Vigo realizará o día 22 de xullo unhga xornada lúdica na Praia de Samil ao solpor. Unha tarde de concertos abertos á cidadanía.
Ao atardecer, disfrutando de boa música e dunha cervexa no lugar onde antes se levantaba o restaurante das Dornas en Samil. Hai una mellor forma de disfrutar do verán? Nós cremos que non.
Concertos de música de cámara no xardín do paseo de Samil para despedir o día. Un plan único para disfrutar do verán. Concertos que empezarán as 20:00 e rematarán ás 22:30.
Este evento realizarase en colaboración co Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo na illa de San Simón con gallo de facer una promoción conxunta das nosas actividades.
Celebración do Día Europeo da Música 2015
A Orquestra Clásica de Vigo celebra este 2015 o Día europeo da música ao grande. O 21 de xuño a orquestra encherá de música o Casco Lanuxe de Vigo, unha xornada musical que se desenvolverá en distintas prazas ao longo da tarde. Propostas de música de cámara, percusión, agrupacións de vento ou corda que culminarán cun concerto de clausura da man da Orquestra Clásica de Vigo ao completo na Praza da Igrexa.
1// 18:00 Agrupación de percusión/ Praza da Pedra
Abrimos a xornada cunha agrupación de percusión da man de Jesús Álvarez, Pablo Blanco, Fernando Vidal y Álvaro Jurado
Clapping Music Steve Reich
Michi / Keiko Abe
Tchik / Nicolas Martynciow
Fuga 1001 / Bach
American Suite / Guy Gauthreaux
+Batucada
2// 18:30 Trío con piano / Travesía da Esperanza con Rúa Funil
Ana Leirós Araujo, Clarinete
Elena Pintos Rodríguez, Violoncello
Magdalena Argibay Ligero, piano
Johannes Brahms (1833-1897)
Trio Op. 114 en La menor (891
I – Allegro
Nino Rota (1911-1979)
Trio para Clarinete, violoncello y piano (1973)
Allegro
Andante
Allegrissimo
3// 19:00 Trío de cuerda/ Rúa Joaquín Yáñez con Rúa Fermín Penzol
Manuel Sabucedo, Violín-
Ana Bouzas, Viola
Margarita Mariño, Violoncello
Concerto con programa secreto.
4// 19:30 trío con piano /Rúa Méndez Núñez, 14
Roberto López Martínez ,clarinete
Manuel Lizul Sestelo, trompa
Aarón Siebert Sío, piano
Trio de Piano, Clarinete y Trompa, Op.274 / Carl Reinecke
Movimiento 3º/ Scherzo. Allegro
5// 20:00 quinteto de viento / Rúa Real con Rúa Esperanza
Pablo Vázquez, trompeta
Laura Pérez, trompa
José Pons, trombón
Pedro Lamas, Tuba
Adán Fernández, Trompeta
Concerto con programa secreto.
6// 20:30 Orquesta Clásica de Vigo / Praza da Igrexa
Ludwig Van Beethoven (1770-1827)
EGMONT, Op. 84 (1809-10) - Obertura -
W. Amadeus Mozart (1756-1791)
CONCIERTO Nº 5 en La Mayor, K.V. 219 (1775)
- Para violín y orquesta –
II.- Adagio
Solista: Iria Pérez Gregorio
Emmanuel Séjourné (1961- )
CONCERTO PARA MARIMBA E CORDAS (2005)
II.- Rythmique, énergique
Solista: Álvaro Jurado García
Antonin Dvorak (1841-1904)
SUITE AMERICANA, Op. 98b (1895)
II. Andante con moto
V.- Allegro
Presentamos o ciclo Música e Resistencia
O Concello de Vigo colabora coa Orquestra Clásico de Vigo no ciclo de concertos "Música e Resistencia", onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. Tal e como explicaron en rolda de prensa, o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez e o O fío conductor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles. Os concertos terán lugar os días 28 de marzo, sábado, na Concatedral ás 21,00 h; o domingo 5 de abril, na Igrexa María Auxiliadora, ás 20,30 h no Teatro Afundación. Nos dous primeiros casos, a entrada será libre ata completar o aforamento; no caso do 1 de maio, trátase dun concerto a beneficio do Banco de Alimentos, polo que as entradas canxearánse a cambio de donativos a esta institución.
A música, como ocorre con outras manifestacións artísticas, é un elemento que serve para unir a un pobo, esto é debido a que nos vemos reflectidos na arte. A Reconquista de Vigo é un exemplo para todos os vigueses e viguesas pois representa como ningún outro feito a nosa historia de loita dunha cidade para defender a súa libertade fronte ao que representa a opresión estranxeira, valores que hoxe en día seguimos a defender.
Este ciclo de concertos pretende poñer de manifesto como a música serve para estes fins comúns. A exaltación do triunfo sobre a opresión externa é un dos mellores exemplos, pois non hai celebración sen música. A través deste ciclo de concertos, a Orquesta Clásica de Vigo pretende ofrecer unha lectura distinta da música con fin de desenvolver unha serie de propostas temáticas que aporten valor engadido á mera interpretación das propias obras.
O ciclo comeza o sábado 28 de marzo con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a cidade. Iniciarase o concerto coa Batalla de Wellington, composta por L.V. Beethoven en 1813, trátase dunha obra que fai referencia á batalla da Guerra de Independencia, un momento crucial para a historia de Europa pois é o principio do fin do Imperio Napoleónico. En segundo lugar representarase un Te Deum, obra coa que os vigueses e viguesas colebraron o 29 de marzo de 1809 o triunfo fronte ao Cristo da Victoria. Con estas dúas obras ponse de manifesto a importancia da música como elemento unificador dun pobo que se levanta contra un invasor.
O segundo concerto, o 5 de abril, serve para reflexionar a capacidade da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema. Unha fórmula de empresión fundamental cando as palabras non serven. Para iso poñerase en relación tres obras de distintos momentos, dous de temática relixiosa baseada na Semana Santa e o Cuarteto para o fin dos tempos, composta por Oliver Messiaen en 1940-41, tempo no que estivo recluído nun campo de concentración. Unha comparativa entre dous temas distintos e distantes no tempo pero que sen dúbida presentan unha forte conexión.
O ciclo termina o 1 de maio, con tres obras que representan o mito romántico do triunfo das ideas tras a morte, con tres obras de distintas épocas e estilos. A obertura Egmont, composta por Beethoven, é o mellor exemplo deste espírito. Un conde flamenco que deu a súa vida por revelarse ao Duque de Alba. Más tarde Goethe escribiría unha traxedia onde se exaltaría a idea romántica do heroe que dá a vida polo seu pobo e cuxas ideas triundan tras a súa morte. Pero non todo é celebración, tras a guerra sempre sega o loito polos que non regresan, este é o caso de Le Tombeau de Couperin, que foi composta por Ravel a modo de homenaxe aos seus compañeiros caídos na Gran Guerra, nun intento de expresar que o seu esforzo e o seu sacrificio non sería esquecido. Para rematar, a Sinfonía do Novo Mundo de Antonin Dvorak, unha obra que representa a aspiración a crear e habitar novos mundos, aínda que estes aínda non existan. Mundos que se poden crear desde a música.










