Volve o 8Pés
Presentamos o 8pés 2025
O 8pés, o festival de órgano de Vigo, volve neste mes de novembro para celebrar a súa V edición cunha proposta consolidada que aposta pola excelencia. Catro días de música que concentrará as grandes figuras deste instrumento na nosa cidade para celebrar algo moi pequeno e marabilloso: en Vigo temos un órgano Alberdi de 1909.
Por este motivo queremos, ante todo, darche a benvida un ano máis e sobre todo as grazas por apostar por este proxecto tan singular. Grazas a ti somos quen de seguir, alimentar a ilusión e as enerxías e sacar forzas para chamar ás portas das grandes figuras do panorama organístico. Queremos sorprenderte un ano máis e deixarte sen palabras para compartir contigo a paixón e o amor pola música.
Como xa sabes, este festival naceu para dar a coñecer un instrumento polo que sentimos verdadeira fascinación e que estaba esquecido. Queriamos poñer en valor esta xoia dos vigueses e viguesas, contribuíndo ano a ano ao seu mantemento, pero sen deixar nunca de lado a súa función fónica para crear así un centro de excelencia artística.
Un órgano é unha desas excepcionalidades nas que se encontran a historia, a música, o patrimonio, a memoria, a liturxia, o misterio, a grandiosidade, a modernidade... Conceptos que funcionan como un continuum e non se entenden por separado. Ser capaces de transmitir entre o público esta grandeza e contundencia contida nun instrumento tan camuflado nese espazo secundario do coro e celebrar a súa mera existencia e funcionamento. Unha máxima que compartimos e mantemos dende a primeira edición..
O órgano Alberdi de Vigo (1909) esperta cada ano no 8pés. Imponse na programación con contundencia e solemnidade, sorprendendo con esa cantidade inmensa de sons e decibeles que van dende o máis delicado ao máis atronador. Roxe facendo tremer as pedras ata os alicerces da man dos mellores artistas do panorama estatal e internacional.
En 2025 o cartel non pode ser máis ambicioso e sorprendente: Comezaremos con Diego Innocenzi, artista arxentino e organista titular do Victoria Hall, así como dos templos de Vandœuvres e de Saint-Gervais en Xenebra (Suiza) que viaxa a Galicia por primeira vez; Oscar Candendo, profesor da especialidade de órgano na Escola Superior de Música de Catalunya (Barcelona) e organista da S. I. do Bo Pastor, en San Sebastián; Olivier Latry, organista titular da Catedral de Notre Dame de París (Francia); remataremos con Enrique Martín-Laguna, organista titular da Catedral de Xetafe que xa foi parte do cartel no ano 2023 e que regresa nesta edición para poñerse á fronte da Orquesta Clásica de Vigo como solista no concerto de clausura.
Nesta historia fomos quen de congregar a grandes audiencias na Concatedral de Vigo, presentado unha proposta inédita ata o momento coa singularidade engadida de que o órgano non paraba de soar nesa, sempre, semana de Santa Cecilia. A nosa patroa.
Como non, dámoslles á benvida a este proxecto á Xunta de Galicia e ao Centro Nacional de Difusión Musical (CDNM-INAEM), que se suman nesta edición á Deputación de Pontevedra, á Diocese, á Concatedral e ao seu párroco, a Welgood, Melómano e A Movida. Entidades que reman a favor para que sexa posible que este instrumento siga soando para chegar a ti con honestidade e a mellor música. Porque o compromiso ten que ser mutuo.
Un ano máis, dende a Orquesta Clásica de Vigo, sentimos a gratitude e a responsabilidade, e por que non, a impresión ante o camiño percorrido nestes cinco anos, na semana dedicada ao órgano de Vigo.
Porque, como repetimos cada ano, en Vigo temos un órgano.
E, xa sabes, é o mellor que temos.
Severino Ortiz
Presentamos ao pianista Severino Ortiz Rey, que será solista no primeiro concerto da nosa tempada: un monográfico dedicado ao Beethoven romántico co Concerto para piano n.3 e a Sinfonía n.5.
Severino Manuel Ortiz Rey, piano
Nado en Pontevedra, recibe a súa formación pianística máis apreciada e valiosa da profesora Vladimira Smausová. Tras obter os títulos superiores de Piano e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo, completa a súa formación na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (República Checa) coas ensinanzas da profesora Dagmar Simonková e do profesor Frantisek Maly (1998–2000). Como solista, colaborou coas orquestras Vigo 430, Clásica de Vigo e Filharmónica de Pontevedra, interpretando os concertos n.º 3, 4 e 5 de Beethoven, o n.º 1 de Chopin, o n.º 1 de Liszt e o concerto para dous pianos de Poulenc.
Desde 2003 forma un dúo estable co seu amigo, o tenor José Antonio Campo Edesa, con quen ten ofrecido recitais en diferentes cidades de España e do estranxeiro. Cómpre destacar a súa participación no XXIII Festival Internacional de Voces de Altafulla (2010), a xira por Bolivia en 2009 organizada pola AECID con motivo do Bicentenario do Grito Libertario, e o recital polo ano Liszt en Ljubljana (Eslovenia), organizado polas embaixadas de España e Hungría (2011). Na súa faceta como músico de cámara, goza colaborando habitualmente co Ensemble Vigo 430 e tocando con solistas como Rusanda Panfili, Lir Vaginsky, Lea Hennino, Cristina Goicea, Virginia Lis e Sindy Mohamed. Non menos importantes son os proxectos realizados co violinista Mario Peris e o clarinetista Roberto Noche, cos que ten difundido música de compositores galegos actuais como Jacobo Gaspar ou Octavio Vázquez, no contexto do programa Erasmus+ (Vilnius, Belgrado, Tirana, 2017–2019).
En 2018 foi convidado pola ADEC para participar como pianista acompañante no VIII Congreso Nacional de Clarinete, celebrado en Torrent (Comunidade Valenciana). Recentemente, ofreceu o recital inaugural do IX Congreso ADEC xunto a Philippe Berrod e Sharon Kam (Vigo, 2022).
Beethoven: en do menor
A tempada comeza en do menor con dúas obras cumio do repertorio para orquestra de Ludwig Van Beethoven, nun concerto marcado pola expresividade dun autor que recollía as teses expresivas e marcaba o camiño a seguir.
O Concerto para piano nº 3 en do menor, Op. 37, composto en 1800 e estreado en 1803 con Beethoven como solista, representa unha obra fondamente persoal e intensa. A diferenza dos dous concertos anteriores, este ten un ton máis dramático e serio, próximo ao estilo heroico que o compositor desenvolvería na súa seguinte etapa. A obra comeza cunha orquestra solemne que prepara a entrada do piano e introduce contrastes dinámicos e unha grande riqueza expresiva. O segundo movemento, un Largo en mi maior, ofrece un momento de profunda introspección, mentres que o terceiro movemento recupera o carácter enérxico e virtuoso. Este concerto non só consolida a Beethoven como un innovador no xénero, senón que tamén reflicte a súa evolución artística e o seu dominio tanto do piano como da orquestración.
A Sinfonía nº 5 en do menor, Op. 67 de Ludwig van Beethoven é unha das composicións máis emblemáticas da música clásica. Composta entre 1804 e 1808, esta sinfonía distínguese polo seu motivo inicial coas catro notas máis famosas da historia da música, as mesmas que moitos interpretan como o destino chamando á porta. Ao longo dos seus catro movementos, Beethoven transforma este motivo nunha viaxe marpada polo dramatismo e expresividade dese do menor, culminando nun final triunfante en do maior. Esta sinfonía marcou un punto de inflexión na historia da música, non só pola súa forza emocional e estrutura innovadora, senón tamén polo poder expresivo dun Beethoven plenamente romántico.
Programa:
Concerto para piano n.º 3 en do menor, Op. 37
I. Allegro con brio
II. Largo
III. Rondo. Allegro
Sinfonía n.º 5 en do menor, Op. 67
I. Allegro con brio
II. Andante con moto
III. Scherzo. Allegro
IV. Allegro
Solista: Severino Ortiz
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Severino Manuel Ortiz Rey, piano
Nado en Pontevedra, recibe a súa formación pianística máis apreciada e valiosa da profesora Vladimira Smausová. Tras obter os títulos superiores de Piano e Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo, completa a súa formación na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (República Checa) coas ensinanzas da profesora Dagmar Simonková e do profesor Frantisek Maly (1998–2000). Como solista, colaborou coas orquestras Vigo 430, Clásica de Vigo e Filharmónica de Pontevedra, interpretando os concertos n.º 3, 4 e 5 de Beethoven, o n.º 1 de Chopin, o n.º 1 de Liszt e o concerto para dous pianos de Poulenc.
Desde 2003 forma un dúo estable co seu amigo, o tenor José Antonio Campo Edesa, con quen ten ofrecido recitais en diferentes cidades de España e do estranxeiro. Cómpre destacar a súa participación no XXIII Festival Internacional de Voces de Altafulla (2010), a xira por Bolivia en 2009 organizada pola AECID con motivo do Bicentenario do Grito Libertario, e o recital polo ano Liszt en Ljubljana (Eslovenia), organizado polas embaixadas de España e Hungría (2011). Na súa faceta como músico de cámara, goza colaborando habitualmente co Ensemble Vigo 430 e tocando con solistas como Rusanda Panfili, Lir Vaginsky, Lea Hennino, Cristina Goicea, Virginia Lis e Sindy Mohamed. Non menos importantes son os proxectos realizados co violinista Mario Peris e o clarinetista Roberto Noche, cos que ten difundido música de compositores galegos actuais como Jacobo Gaspar ou Octavio Vázquez, no contexto do programa Erasmus+ (Vilnius, Belgrado, Tirana, 2017–2019).
En 2018 foi convidado pola ADEC para participar como pianista acompañante no VIII Congreso Nacional de Clarinete, celebrado en Torrent (Comunidade Valenciana). Recentemente, ofreceu o recital inaugural do IX Congreso ADEC xunto a Philippe Berrod e Sharon Kam (Vigo, 2022).
Tempada 2025-26
A Orquesta Clásica de Vigo presenta a súa tempada 2025-26 cunha proposta que imaxina un ano marcado polo eclecticismo e unha curiosidade inesgotable pola música.
Codesexo de compartir o amor pola música iniciamos en outubro a tempada, igual que a rematamos en maio: regresando a Beethoven. Buscamos refuxio na súa obra para extraer ensinanzas sempre vixentes, nun concerto no que participará o solista Severino Ortiz interpretando o Concerto para piano no 3 e a Sinfonía no 5, dúas pezas emblemáticas do repertorio romántico. Marcados pola busca de grandes obras avanzaremos ata a decembro, concerto no que viaxaremos aos século XX cun Maurice Ravel, do que celebramos no 2025 o seu 150 aniversario, unha cita na que aproveitamos para levar ao escenario o Concerto para piano en sol maior coa solista Aida Saco Beiroa, artista galega residente nos EUA.
A segunda metade da tempada estará marcada por unha ollada á historia do rexistro sonoro. Esa carreira técnica no plano da acústica que configurou o noso mundo e a relación fundamental que temos coa música. En febreiro presentamos unha cita co cinema, nun traballo conxunto entre distintas disciplinas no que lle poremos voz, efectos e música a unha película da que se interpretarán en directo as súas bandas de son. En marzo temos unha cita coa historia da acústica e a gravación cun fantástico invento da era victoriana: os violíns stroh. Un concerto con instrumentos históricos con corneta no que disporemos da presenza de Aleksander Kolkowski, un artista, investigador e coleccionista fundamental para entender a historia do rexistro sonoro. Un traballo que será complementado co ciclo de conferencias “As pegadas do son” e unha mostra que nos permita contextualizar a importancia capital deste período para a historia da música. Tamén existirá un espazo para o barroco francés no mes de abril cun concerto no que contaremos co noso colaborador Daniel Sanmartín Nieto como solista de cravo na Concatedral de Santa María de Vigo. Buscamos así abarcar repertorios diversos nos distintos espazos da cidade de
Vigo. A tempada rematará en maio replicando a estrutura dos últimos anos: cun gran concerto de orquestra e coro. Nesta ocasión a obra será a Misa de Réquiem de W. A. Mozart, unha peza capital para o repertorio clásico e para a que contaremos un ano máis coa colaboración do Ensemble Vocal Pro Música, da cidade veciña do Porto.
Benvidas e benvidos a esta nova tempada de concertos da Orquesta Clásica de Vigo.
- Beethoven: en do menor
Teatro Afundación de Vigo
Venres 24 de outubro ás 20:30h
- Concerto Extraordinario de Nadal
Teatro Afundación de Vigo
Domingo 30 de decembro ás 20:30h
- Concerto benéfico de Reis
Cine Teatro Salesianos
sábado 3 de Xaneiro ás 12:30h
- Cinema orquestrado: A noite dos mortos ao vivo
Cine Teatro Salesianos
Sábado 28 de febreiro ás 20:30h
- Violíns con corneta: os instrumentos de corda ’Stroh'
MARCO
Sábado 14 de marzo ás 20:00h
- Un pastor de cetro e lira: sinfonías e danzas da corte de Luís XV
Concatedral de Sta Ma de Vigo
Sábado 11 de abril ás 21:00h
- Humanless: cuarteto para resonadores
Igrexia de Sta Ma de Castrelos
Sábado 18 de abril ás 20:00h
- Mozart: Réquiem
Teatro Afundación de Vigo
Sábado 16 de maio ás 20:30h
Presentamos a tempada 2025-26
A Orquesta Clásica de Vigo presentou este venres 19 de setembro ás 11h a tempada de concertos 2025-26.
Esta presentación contou coa participación do alcalde de Vigo, o concelleiro de cultura, a concelleira de turismo e os directores técnico e artístico da Orquesta Clásica de Vigo.
Consulta aquí a información da tempada
Concertos as beiras do miño 2025
CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO
A Orquesta Clásica de Vigo volve, neste mes de agosto, a encher de música o verán coa
segunda edición do ciclo de Concertos ás beiras do Miño nas vilas fronteirizas de As Neves,
Melgaço, Caminha e A Guarda. Catro oportunidades únicas para gozar das noites de verán
escoitando a música de L. V. Beethoven.
Concertos ás beiras do Miño é un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que conta coa
colaboración da Deputación de Pontevedra e que pon o foco na finalidade de tecer outras pontes
entre os dous territorios ( Galicia e Portugal) e facelo a través da música de orquestra, escollendo
espazos únicos destas localidades limítrofes como son os castelos, as igrexas, os parques ou as
prazas. Unha oportunidade para colaborar e sumar forzas dende os dous lados do Miño para
explorar e percorrer o noso patrimonio a través da música.
DATAS:
2 de agosto As Neves 21:30h
Praza maior
6 de agosto Melgaço 21:30h
Alameda de Inês Negra
13 de agosto Caminha 22:00h
Largo Calouste Gulbenkian
16 de agosto A Guarda 21:00h
Auditorio de San Bieito
PROGRAMA
Ludwig van Beethoven (1770-1827)
As criaturas de Prometeo (Abertura)
Sinfonía n. 3 en mi bemol maior, Op. 5
Os concertos son ao aire libre e a entrada é de balde.
Máis información:
https://orquestaclasica.com/concertos-as-beiras-do-mino-2025/
PRESENTAMOS VERBENAS NA CARIDADE
Este martes 24 de xuño presentamos Verbenas na Caridade, un proyecto que leva a música ao Claustro da Casa da Caridade de Vigo, na Rúa de San Francisco, 69 (Berbés). No acto de presentación do ciclo estivo Carmen Cornejo-Molíns, presidenta da Fundación Casa Caridad de Vigo e Manuel Martínez Torres, xerente da Orquesta Clásica de Vigo.
NACE VERBENAS NA CARIDADE
NACE VERBENAS NA CARIDADE, un proxecto da Orquesta Clásica de Vigo que busca levar a música a un espazo descoñecido para o gran público da cidade de Vigo: A Casa da Caridade. Sita no alto do barrio do Berbés, esta institución histórica centra a súa labor en atender ás persoas necesitadas na nosa contorna.
Nace así un ciclo de concertos que terá lugar no único claustro barroco da cidade de Vigo, un espazo único e para moitos descoñecido ao que queremos acceder para gozar da música lixeira nun formato festivo no que podamos despedir as tardes de verán.
Os mércores 2, 9 e 16 de xullo, Verbenas na Caridade busca recoller a tradición da música lixeira, obras interpretadas para os cafés, as verbenas e as festas propias da primeira metade do século XX, nun formato dilatado que incluirá música, barra de bar e un mercadiño benéfico a beneficio da Fundación casa da Caridade.
PROGRAMACIÓN
2 de xullo
CANTO DE EMIGRACIÓN: Película con música en directo
Mércores 9 de xullo
RUMBANTELA: Cuarteto de saxos
16 de xullo
ORQUESTINA: Orquesta Clásica de Vigo
HORARIOS
19:30h Apertura de portas
Música, Abigú e mercadiño
21:00h Concertos
22:00h Abigú e mercadiño
23:00h Peche
PREZOS
Entrada xeral: 13€
Entrada en taquilla: 15€
Entrada de balde a menores <16 anos
Posibilidade de facer donativos ao Comedor
Prohibida a venda de alcohol a menores
Día Europeo da Música 2025
O sábado 21 de xuño a orquesta Clásica de Vigo daralle a benvida ao verá cun concerto na Concatedral de Vigo para celebrar o Día Europeo da Música 2025.
A Orquestra Clásica de Vigo quere celebrar o Día Europeo da Música 2025 cunha proposta musical en aberto que aborde a importancia do clasicismo como estilo fundamental e refuxio para a orquestra cun programa centrado na obra de dous grandísimos artistas como son W. A. Mozart e F. J. Haydn non que contaremos con Mauro Mariño e Jennifer Gómez como solistas. Este Día Europeo da Música no te perdas a cita coa Orquesta Clásica de Vigo na Concatedral para despedir a tempada e celebrar esta xornada tan importante para achegar a música en directo en aberto a todo o mundo.
Será ás 21:00h e terá unha entrada de balde previa reserva na que será posible realizar donativos.
Unha fermosa oportunidade para compartir o amor pola música.
Programa:
- Allegro maestoso
- Andante
- Presto
- Grave – Presto
- Andante con variazioni: Poco adagio
- Menuetto: Allegretto – Trio
- Finale: Vivace
Cando: Sábado 21 de xuño ás 21:00h
Onde: Concetedral de Vigo
Entrada de balde previa reserva. Posibilidade de realizar donativos.
Organiza: Orquesta Clásica de Vigo
8 pés 2024 do 20 ao 23 de novembro
Volve o Festival de Órgano de Vigo na súa edición máis internacional.
Confirmamos a celebración da que será a IV Edición do Festival “8 pés”.
O festival de órgano naceu en 2021 co obxectivo de contribuir á posta en valor do único órgano en funcionamiento na actualidade na cidade de Vigo. Un instrumento que, pese á súa antigüidade, esperta cada ano novos achegamentos de seguidores e seguidoras así como o interese do gran público. A cita co festival, será os días 20, 21, 22 e 23 de novembro na Concatedral de Santa María de Vigo, concidindo como cada ano coa celebración do día de Sta. Icía, patroa da música.
Este ano, que coincide co 40 aniversario da nosa formación, o 8 pés terá como convidados aos seguintes artistas: Montserrat Torrent (Barcelona), Arturo Barba (Valencia) e Miriam Cepeda (Bilbao) coa visita internacional de Alberto Pavoni (Roma).
Nesta IV Edición, ademais de concertos e visitas guiadas, contaremos con interesantísimas conversas arredor do instrumento protagonista do festival e sobre o impacto deste último na nosa contorna. O programa completo pode consultarse xa e a reserva de entrada pode facerse online e sempre podedes, tamén, facer un donativo que ten como finalidade, ademais de asegurar a presenz de 8 pés en vindeiras ocasións, a pór en valor o contido de gran calidade que, con moito esforzo, ofrecemos dentro da programación do festival. ¿Contamos vonvosco?
Podedes facelo de xeito moi doado, aquí: https://orquestaclasica.com/8pes-2024/









