O sábado 10 de maio despedimos a tempada do 40 aniversario cun gran concerto para orquestra e coro: a Misa en do maior, Op. 86, de L. V. Beethoven. Composta poucos anos despois da súa primeria obra relixiosa, Cristo en el Monte de los Olivos, Op. 85 (1803), esta obra constitúe a súa primeira misa e un dos poucos exemplos do repertorio coral do compositor.
Neste concerto a Orquesta Clásica de Vigo terá a honra de compartir escenario co Ensemble Vocal Pro Musica, procedente da cidade do Porto. Unha proposta que será o resultado dun intercambio que busca normalizar a conexión da nosa orquestra con propostas ao outro lado do Miño.
Programa:
As criaturas de Prometeo, Op. 43, de L. V. Beethoven
Misa en do maior, Op. 86, de L. V. Beethoven
Kyrie. Andante con moto assai vivace quasi allegretto ma non troppo
Gloria. Allegro con brio
Qui tollis. Andante
Quoniam. Allegro ma non troppo
Credo. Allegro con brio
Et incarnatus est. Adagio
Et resurexit. Allegro ma non troppo
Et vitam venturi seculi. Vivace
Sanctus. Adagio
Pleni sunt cœli. Allegro
Benedictus. Allegretto ma non troppo
Osanna. Allegro
Agnus Dei. Poco andante
Dona nobis pacem. Allegro ma non troppo
Orquesta Clásica de Vigo
Ensemble Vocal Pro Musica
Solistas:
Soprano: Raquel Paulo
Mezzosoprano: Ana dos Santos
Tenor: Pedro Rodrigues
Baixo: Rui Silva
Dirección: Manuel Martínez Álvarez-Nava
+ PUBLICACIÓNS NA NOSA WEB:
24 Xuño 2025
CANTO DE EMIGRACIÓN
24 Xuño 2025
PRESENTAMOS VERBENAS NA CARIDADE
24 Xuño 2025
NACE VERBENAS NA CARIDADE
3 Xuño 2025
Día Europeo da Música 2025
25 Abril 2025
MISA EN DO MAIOR: OS SOLISTAS
3 Novembro 2024